Home A Paradanta Arbo A Xunta avalía as melloras realizadas no Centro de Día Público para...

A Xunta avalía as melloras realizadas no Centro de Día Público para persoas maiores das Neves

- Anuncio -

O equipamento ten agora un novo sistema de iluminación e baños adaptados tras un investimento de 25.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro de día das Neves, pertencente á rede pública autonómica e con capacidade para dar servizo a 25 persoas maiores. A Xunta financiou con 25.000 euros obras de mellora neste equipamento para renovar o seus interiores e corrixir deficiencias, e foron executadas polo concello.

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde do concello, José Manuel Alfonso González, destacou a importancia da colaboración entre institucións para poñer á disposición das persoas usuarias e das súas familias as mellores instalacións. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo consistiron na substitución das fiestras do tellado para previr filtracións de auga. Así mesmo, mellorouse a iluminación das instalacións e pintáronse as parades interiores con cores máis claros para dotar ao espazo de máis claridade. Os traballos tamén incluíron a renovación dos aseos adaptados para mellorar a accesibilidade.

O xerente do Consorcio explicou que estas intervencións teñen como obxectivo dar resposta as deficiencias que presentaba o centro e adaptalo ás necesidades dos usuarios. Así, Perfecto Rodríguez sinalou que a Xunta supervisa periodicamente os recursos para garantir o seu correcto funcionamento e ofrecer un servizo de calidade.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas