• O goberno municipal de As Neves, segue traballando para mellorar os servizos públicos e garantir o benestar de toda a veciñanza.
Hoxe, o equipo de goberno, en colaboración coa Xunta de Galicia, recibiu no centro de día ao xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, quen destacou o compromiso do noso concello en ofrecer espazos seguros e de calidade para as persoas maiores da comunidade .
Gracias á xestión conxunta, este centro de día, que forma parte da rede pública autonómica e atende a 25 persoas maiores, recibiu unha inversión de 25.000 euros, destinada a mellorar as instalacións . Os traballos de mellora, executados polo concello, inclúen a substitución das ventás do tellado para evitar filtracións , a modernización da iluminación e o pintado das paredes con tons claros que aportan máis luminosidade e acollemento ao espazo. Tamén se renovaron os aseos adaptados para unha mellor accesibilidade, reforzando o compromiso do noso concello co respecto e a inclusión .
O alcalde José Manuel Alfonso, en representación de todo o goberno local, subliñou que estas melloras son só unha mostra do traballo diario que realizamos para asegurar servizos de calidade. “En As Neves, escoitamos e atendemos as necesidades da veciñanza, promovendo a colaboración institucional para ofrecer solucións reais e beneficiosas para a nosa xente,” afirmou o alcalde. Esta intervención reflicte o valor do traballo en equipo e a importancia de destinar os recursos públicos onde máis se necesitan .
Perfecto Rodríguez eloxiou a cooperación entre o goberno municipal de As Neves e a Xunta, destacando o esforzo continuo de ambas administracións en supervisar e mellorar os espazos públicos .
Desde o equipo de goberno, seguiremos traballando para que cada veciña e veciño teña acceso a servizos de calidade e poidamos garantir un futuro mellor para As Neves .