Home Pontevedra Deza A Xunta colabora co concello de Rodeiro no equipamento e nos gastos...

A Xunta colabora co concello de Rodeiro no equipamento e nos gastos de xestión enerxética e ambiental

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, as melloras levadas a cabo na eficiencia enerxética dos núcleos de poboación municipal e no equipamento do servizo municipal de abastecemento de auga

― O Goberno galego asinou co concello un convenio para a adquisición dunha fregadora profesional para a limpeza e desinfección das infraestruturas deportivas

― O Concello de Rodeiro recibiu nos últimos anos máis de 800.000 euros das diferentes liñas de axudas habilitadas pola Xunta para colaborar coas Administracións locais na mellora de vida da veciñanza galega

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou hoxe as melloras levadas a cabo no Concello de Rodeiro na eficiencia enerxética dos núcleos de poboación municipal e no equipamento do servizo municipal de auga.

O Concello de Rodeiro percibiu preto de 60.000 euros dentro da convocatoria non competitiva do Fondo de Cooperación Ambiental no ano 2021 para destinar a gastos de investimento e de funcionamento en diferentes actuacións medioambientais.

Por unha banda, leváronse a cabo actuacións de eficiencia enerxética nos lugares de A Torre de Carboentes, Rubiás, Pazos e Quintá. Por outra, colaborouse na adquisición de equipamento tecnolóxico para a dixitalización das tarefas de lectura dos contadores do servizo municipal de abastecemento de auga, que ata agora facíase de xeito manual. A maiores, co obxecto de mellorar o sistema de cloración do depósito da estación de tratamento de augas, a Xunta colaborou coa Administración local na instalación dun sistema de cloración automático. En canto aos gastos de funcionamento, destináronse preferentemente ao servizo municipal de recollida de lixo.

Por outra banda, a Xunta asinou co Concello de Rodeiro un convenio para a adquisición dunha fregadora profesional para a limpeza e desinfección das infraestruturas deportivas. Tal e como puido comprobar a directora xeral de Administración Local, trátase dun equipo de limpeza de baixo consumo enerxético para o seu uso no pavillón de deportes e no ximnasio. En concreto, as súas funcións consisten na limpeza do chan do pavillón municipal e do ximnasio, na desinfección de ambas instalacións e na aplicación de produtos para evitar as escorreduras dos usuarios de ditas infraestruturas. Por mor do acordo, a Xunta de Galicia sufragou o custe da compra desta maquinaria cunha achega de 10.908 euros.

Natalia Prieto recordou que o Concello de Rodeiro percibiu, en total, máis de 60.000 euros para estas actuacións no ano 2021, e que nos últimos anos, Rodeiro beneficiouse de máis de 800.000 euros procedentes das diferentes liñas de axudas habilitadas polo Goberno galego para colaborar coas Administracións locais na mellora da vida da súa veciñanza.

A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por máis de 108 millóns de euros. Nesta liña, engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas