Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Xunta concede máis de 660.000€ en préstamos sen xuros aos concellos...

A Xunta concede máis de 660.000€ en préstamos sen xuros aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Lobios, Porto do Son e Rubiá para actuacións de rehabilitación

- Anuncio -

 Ángeles Vázquez salienta que estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación

 Na convocatoria de 2022 xa se asinaron 19 convenios con 13 concellos por unha contía de 3,58 millóns de euros

 Este fondo finánciase con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinou cos alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Cortegada, Lobios, Porto do Son e Rubiá -este último de xeito electrónico- os convenios polos que concede máis de 660.000 euros en préstamos sen xuros para actuacións nestes territorios, ao abeiro do Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Segundo explicou a conselleira, estes préstamos, que deberán ser reintegrados polos municipios nun prazo de 8 anos, teñen por obxectivo, entre outras cuestións, adquirir e rehabilitar inmobles en estado deficiente de conservación como medida de protección do patrimonio cultural e arquitectónico, do medio ambiente, da paisaxe e do territorio. O Goberno galego incide así no seu compromiso de mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facilitando que poidan dispor dunha vivenda digna e axeitada.

Deste xeito, o Concello de Lobios, asina 3 convenios por un importe total de máis de 135.000 euros para rehabilitar espazos públicos nos núcleos de Bouzas, Sampaio e Esperanzo. Tamén subscribe 3 acordos o municipio de Cortegada, que contará con preto de 50.000 euros para a compra de varios inmobles na praza de Buenos Aires.

Pola súa banda, Rubiá recibirá 48.000 euros para a rexeneración dunha rúa no Robledo da Lastra. Cómpre lembrar que este concello ourensano xa se acolleu a este fondo de cooperación nas convocatorias de 2017, 2018, 2019 e 2020.

No caso de Porto do Son contará con preto de 351.000 euros para elaborar plans especiais de protección. Este convenio súmase ao que xa asinou este concello o pasado mes de outubro para dispor de máis de 500.000 euros para a rehabilitación da casa de Ríos.

Finalmente, o concello de Cerdedo-Cotobade recibirá máis de 76.000 euros para a mellora de equipamentos municipais de uso cultural.

Sexta convocatoria deste fondo de cooperación
Durante a sinatura destes convenios, a conselleira lembrou que a través deste fondo de cooperación para a rehabilitación que se creou hai 6 anos concedéronse, ata 2021, préstamos por importe de máis de 11,3 millóns de euros para financiar 50 actuacións nun total de 23 concellos.

Na convocatoria de 2022, cos asinados hoxe, suman xa 19 convenios firmados con 13 concellos por unha contía de 3,58 millóns de euros e aínda están pendentes de avaliación preto dunha ducia de peticións logo de que rematase o prazo de presentación de solicitudes o pasado 30 de setembro.

Cómpre salientar que este fondo se financia con cargo ás fianzas de alugueiro depositadas no IGVS, cuxa devolución aos depositarios está plenamente garantida. As cantidades devoltas polos concellos pasan a integrarse novamente no fondo para que poidan ser reutilizadas en novos préstamos.

Ademais, a través deste instrumento de financiamento, a Xunta contribúe a facilitar aos concellos as actuacións subsidiarias de rehabilitación nos casos en que os propietarios dos inmobles desatendan as súas obrigas dado que a normativa vixente permite aos municipios actuar subsidiariamente e despois reclamar aos propietarios o importe das actuacións realizadas.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

Publicacións Relacionadas