Home Pontevedra O Salnés A Xunta de Galicia dota ao Centro de Saúde de Vilanova de...

A Xunta de Galicia dota ao Centro de Saúde de Vilanova de Arousa cun novo retinógrafo cun investimento de máis de 18.000 euros

- Anuncio -

― A aparataxe coa que efectuar retinografías dixitais neste centro de Atención Primaria evita desprazamentos aos centros hospitalarios, adecuando os recursos específicos de Oftalmoloxía e facilitando a comunicación e coordinación entre os niveis asistenciais

A Xunta de Galicia ven de incorporar á dotación tecnolóxica do centro de saúde de Vilanova de Arousa un novo retinógrafo, cun investimento de máis de 18.000 euros. Cómpre sinalar que para efectuar as revisións de retina, o Servizo Galego de Saúde introduce esta aparataxe coa que efectuar retinografías dixitais -probas que permiten o diagnóstico precoz das enfermidades oculares máis frecuentes en pacientes diabéticos, pero tamén previr a cegueira nestes doentes-.

A realización destas probas co novo retinógrafo no centro vilanovense facilita, ademais da detección e o tratamento nos tempos recomendados, evitar desprazamentos de pacientes aos centros hospitalarios, adecuando os recursos específicos de Oftalmoloxía e facilitando a comunicación e coordinación entre os niveis asistenciais.

Imaxe de alta calidade e uso sinxelo e versátil
Este novo equipo garante unha imaxe de alta calidade e supón vantaxes para os profesionais posto que ou seu uso é sinxelo e versátil. O retinógrafo, emprazado nunha platafoma movil, ubícase nun espazo no centro de saúde vilanovense que permite a realización destas probas de xeito confortable para os pacientes e profesionais.

Cómpre sinalar que as afectacións da retina son unha complicación frecuente da diabetes. Provoca diversas lesións na retina -retinopatía diabética- que, aínda que nas súas fases iniciais non amosan ningunha síntomatoloxía, ao longo da súa evolución natural sen tratamento poden levar a unha diminución da agudeza visual e mesmo á cegueira. O máis importante é que, se se tratan de forma adecuada e precoz, é posible atenuar ou mesmo evitar por completo a afectación da visión.

As retinografías dixitais transmítense a través da rede aos profesionais de Medicina de Familia, así coma aos efectivos que habitualmente prestan asistencia sanitaria ás persoas con diabetes. Todos eles reciben previamente a formación necesaria para a valoración e interpretación das imaxes do fondo de ollo.

No caso de detectar ou sospeitarse lesións, as imaxes son transferidas automaticamente aos respectivos especialistas da Área Sanitaria para a súa valoración. Sómentes no caso de que se confirmen lesións de retinopatía diabética, cítase ao paciente nas consultas de oftalmoloxía para o seu tratamento e seguimento. As persoas con resultados normais reintégranse á programación para que se lles realicen novos controis de xeito regular, cunha periodicidade dun a tres anos segundo as características individuais de risco de desenvolver retinopatía diabética.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

Publicacións Relacionadas