HomeO MorrazoBueuA Xunta de Galicia efectuará dende mañá venres en Bueu cribados preventivos...

A Xunta de Galicia efectuará dende mañá venres en Bueu cribados preventivos cara a ampliar a detección da Covid 19

- Anuncio -spot_img

Entre mañá e o vindeiro luns 18 de xaneiro, a Administración Sanitaria Pública galega contará con 13 profesionais, coordinados por un médico, para tarefas de entrega de botes para as mostras de saliva, tomas nasofarinxeas e información aos usuarios

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no aparcamento dos xardíns Urbano Lugrís nas Lagoas, en Bueu, unha campaña de cribado preventivo de detección da COVID 19 entre mañá venres 15 e o vindeiro luns 18 de xaneiro cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus nesta localidade.

Cómpre sinalar que o total de usuarios con Tarxeta Sanitaria en Bueu -incluída poboación menor de 15 anos- acada os 12.009 habitantes, dos que 9.915 son maiores dos 15 anos de idade. Entre este colectivo de máis de 15 anos, 8.167 habitantes teñen entre 15 e 70 anos -colectivo ao que se lle efectuará voluntariamente o cribado con test de saliva- e outras 1.748 persoas teñen máis de 70 anos -grupo poboacional ao que se le efectuará voluntariamente unha mostra nasofarínxea-.

Os criterios da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés para realizar este cribado á poboación de Bueu estiman que se efectúe de xeito voluntario somentes a cidadáns de 15 ou máis anos, con tarxeta sanitaria activa e centro de saúde asignado en Bueu, que non sexan persoal de residencias, que non teñan un PCR postitivo no últimos tres meses e que dispoñan dun teléfono movil ao que poderlles enviar un SMS de citación e o resultado do seu cribado.

13 profesionais coordinados por un médico
Para levar a cabo esta iniciativa preventiva, ente mañá e o vindeiro luns 18 de xaneiro, a Administración Sanitaria Pública galega contará no aparcamento dos xardíns Urbano Lugrís de Bueu cun cadro de 13 profesionais, coordinados por un médico, que realizarán tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, entrega de botes para as mostras de saliva, controis da realización das tomas nasofarinxeas e información aos usuarios .

Deste xeito, mañá, venres, entre as 8:30 a 18:30 horas, os equipos profesionais entregarán miles de botes para recollida de mostras de saliva aos cidadáns citados. Dita entrega continuará o sábado 16 e o domingo 17 de xaneiro co mesmo horario de actividade, cando se recollerán as mostras dos tubos entregados os días anteriores e que diariamente enviaránse ao servizo de Microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo para a súa análise.

Tamén o domingo 17 e o luns 18 de xaneiro se prevén efectuar neste punto de cribado máis recollidas de botes con mostras de saliva e tomas nasofarínxeas á poboación buenense de máis de 70 anos.

Proceso das mostras e notificación de resultados
Todas as mostras tomadas en Bueu procesaránse no servizo de Microbioloxía da Área Sanitaria de Vigo e os resultados serán comunicados aos usuarios por SMS, sempre que o resultado sexa negativo. No caso de resultar positivo, esta notificación comunicaráse de xeito individual a cada cidadán.

Publicacións Relacionadas