HomePontevedraA Xunta de Galicia efectuará esta semana no Peirao de Arcade novos...

A Xunta de Galicia efectuará esta semana no Peirao de Arcade novos cribados con pcr convencional cara a ampliar a detección da Covid 19 no concello de Soutomaior

- Anuncio -spot_img

Esta iniciativa preventiva da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés terá lugar dende mañá luns 7 ata o xoves 10 de xuño de 2021

O Servizo Galego de Saúde convocará gradualmente e vía SMS telefónico a 1.960 persoas de 20 a 49 anos con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello

A Xunta de Galicia, a través da xestión do Servizo Galego de Saúde, efectuará no peirao de Arcade dende mañá luns 7 ata o xoves 10 de xuño de 2021 novos cribados poboacionais con PCR convencional cara a detectar o maior número posible de portadores asintomáticos da COVID 19, o que permitirá reducir a cifra de contaxios de coronavirus no Concello de Soutomaior.

Á dita iniciativa preventiva a Administración Sanitaria Pública galega vai convocar, gradualmente e vía SMS telefónico, á poboación de Soutomaior dentre 20 a 49 anos de idade con tarxeta sanitaria activa nos centros de saúde deste Concello, colectivo que nesta localidade acada as 1.960 persoas.

Dous equipos de enfermaría en cada turno
Para levar a cabo este cribado, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contará no peirao de Arcade con dous equipos de enfermaría en cada turno, efectuando tarefas de control e cumprimento das medidas de seguridade, extracción das mostras nasofarínxeas e aportando información aos usuarios.

Unha vez procesadas as mostras no laboratorio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, os resultados positivos notificaránse contactando directamente vía telefónica con cada persoa, mentres que os negativos serán comunicados por SMS pola Área Sanitaria nun prazo dentre 24 e 48 horas.

Publicacións Relacionadas