HomePontevedraA Xunta de Galicia inviste 23.000 euros en mellorar o local social...

A Xunta de Galicia inviste 23.000 euros en mellorar o local social de Romariz e un depósito de auga en Soutomaior

- Anuncio -spot_img
  • O alcalde visitou ambas as actuacións coa delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e Natalia Prieto, Directora Xeral de Administración Local
  • A Directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañaron ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, durante a visita ás dúas últimas actuacións realizadas no municipio a con fondos procedentes do Plan Específico de Acción Comunitaria, a mellora do local social de Romariz e a ampliación do depósito de auga potable en Cernadas.
  • A primeira das actuacións visitada, para a que a Xunta destinou un total de 11.000 euros, tiña como obxectivo mellorar a habitabilidade do local social da Asociación de Veciños San Benito de Romariz. Nela acondicionouse o piso superior do local instalando un novo chan e unha nova instalación eléctrica, co que os veciños dispoñerán dunha estancia habitable para albergar as súas actividades fóra da sala principal do local.
  • Do mesmo xeito, o alcalde e as representantes autonómicas tamén visitaron o depósito regulador de auga potable da Comunidade de Usuarios de Augas de Barreiras e Cernadas, que acaba de ser ampliado tras a axuda de 12.000 euros da Xunta de Galicia. Unha mellora coa que se puido reparar o depósito para evitar perdas e dotalo dun sistema de exceda con novas conexións de entrada e saída da auga.
  • “Trátase de pequenas actuacións pero que teñen gran impacto na vida diaria dos veciños”, explicou Reguera, que agradeceu ás representantes autonómicas “o seu compromiso con Soutomaior e os seus veciños”. Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo explicou que “este ano foron case 2 millóns en axudas para 139 entidades da provincia, dos que 1,3 millóns foron para comunidades de augas”, concluíu Fernández-Tapias.

Publicacións Relacionadas