Home Pontevedra Caldas A Xunta declara a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Saiar...

A Xunta declara a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Saiar en Caldas de Reis

- Anuncio -

― Desta forma, dáse un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso


― O perímetro abarca unha superficie de 947 hectáreas, quedando reducidas as 13.426 parcelas achegadas a 2.480 predios de substitución

A Consellería do Medio Rural vén de declarar a firmeza da zona de concentración parcelaria de Saiar, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. Desta forma, dáse un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso, que quedará finalmente terminado coa posterior entrega de títulos de propiedade

O perímetro da zona de Saiar abarca unha superficie de 947 hectáreas, distribuídas en 13.426 parcelas achegadas ao proceso por un total de 1.033 propietarios, resultando un total de 2.480 leiras de substitución cunha superficie media por leira de 3.369 m2 fronte aos 705m2 de superficie media das parcelas achegadas.

No concello de Caldas de Reis, ademais da zona de Saiar, está a desenvolverse o proceso de concentración parcelaria na zona de Godos, que se atopa en fase de acordo. A estes hai que engadir a zona de Bemil, recentemente decretada para ordenar unhas 1.233 hectáreas. A superficie total dos tres procesos de reestruturación parcelaria alcanza as 2.568 hectáreas.

Relacionadas

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a...

0
A fronte nacionalista trasladará unha moción da CIG para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos...

O ciclismo toma o concello coa terceira edición da proba BTT Terras de Tomiño...

0
Será o vindeiro domingo 28 de abril con saída ás 09.00 horas dende a Praza do Seixo Este ano contará cunha andaina simultánea organizada coa...

A Agrupación de Protección Civil comeza unha nova andaina da man do concello de...

0
César Poza habilita partida no orzamento para o grupo de voluntarios, adapta un vello almacén como sede e confire á asociación carácter municipal A recente...

A escritora Elena Gallego volve capitanear unha aula de creación literaria na Biblioteca

0
Esta actividade, enmarcada na programación do Día das Letras Galegas, permitirá ás persoas participantes coñecer da man da autora as técnicas narrativas actuais e...

Baiona será sede da fase previa do campionato galego de fútbol sala

0
A federación galega de fútbol sala escolle Baiona como sede para a fase previa do Campionato galego benjamín de fútbol sala.O acto de presentación...

Turonia GFG celebra o seu VI aniversario

0
O club de fútbol gaélico referente no Val Miñor celebra o seu VI aniversario nun evento aberto a toda a vecinanza. Farao mediante unha intensa...

Publicacións Relacionadas