A actuación permitirá mellorar a eficiencia enerxética dos bloques 2 e 8, cun total de 16 vivendas
A Xunta de Galicia destinará máis de 212.000 euros á execución de obras de reparación e conservación exterior dos bloques 2 8 do poboado mineiro de Fontao, rehabilitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, no Concello de Vila de Cruces.
A obra foi adxudicada polo IGVS á empresa Prace Servizos e Obras, S.A., por importe de 212.602,59 euros e un prazo de execución de 7 meses. A obra a realizar consistirá na reparación e conservación dos bloques 2 e 8, que están compostos por un total de 16 vivendas.
A intervención, partindo da premisa do respecto ao valor arquitectónico do conxunto, ten
como principal obxectivo a mellora da eficiencia enerxética das vivendas e consiste
basicamente na aplicación dun novo enfuscado e pintado sobre o sistema de illamento
térmico exterior (SATE) existente nas fachadas, na substitución e restauración de parte das
carpintarías exteriores e na reparación de humidades
O poboado mineiro de Fontao foi adquirido polo IGVS no ano 2.000, rehabilitando tanto os
bloques de vivendas como cos inmobles antigamente dedicados a cine, igrexa e escolas.
Unha vez rehabilitados os bloques residenciais obtívose un total de 78 vivendas cualificadas
como de promoción pública, das que 62 continúan a ser propiedade do IGVS, que as
adxudica en réxime de alugueiro. As restantes foron adxudicadas en compravenda.