Home Tabeirós A Estrada A Xunta e o concello da Estrada colaboran na posta en marcha...

A Xunta e o concello da Estrada colaboran na posta en marcha dun módulo cuberto multideporte

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinaron o convenio desta infraestrutura, que contará cun investimento de 2M€, dos que o Goberno galego achega máis de 1M€


― A nova instalación contará con espazos para deportes de combate e ximnasio e completará as instalacións deportivas do municipio


― Situarase como elemento de comunicación entre a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e a pista de atletismo proxectada

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, vén de asinar co alcalde da Estrada, José López Campos, o convenio de colaboración entre a Xunta e o concello estradense para a realización de obras dun módulo cuberto multideporte. A instalación terá un orzamento superior aos dous millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia achega máis de un millón e o municipio pontevedrés a contía restante.

A nova instalación completará as instalacións deportivas da Estrada e situarase como elemento de comunicación entre a Agasp e a pista de atletismo proxectada. Cómpre salientar que desde 2017, grazas a outro convenio de colaboración asinado coa Xunta, os deportistas galegos de alto nivel e as federacións deportivas de Galicia poden utilizar para as súas concentracións as instalacións da Academia, que contan con recursos como residencia, ximnasio, sala de tatami ou pistas exteriores.

Con esta nova actuación, a Agasp contará cun módulo cuberto que permita o desenvolvemento de adestramentos e competicións de probas técnicas cando a situación climatolóxica sexa adversa para especialidades como o salto con pértega, os saltos de lonxitude e triplo salto ou as probas de velocidade e valos.

Ademais, ao completar a instalación de aire libre con este módulo de pista cuberta, permitirá o desenvolvemento de competicións e concentracións técnicas de alto nivel, ao contar deste xeito con todo o necesario para o seu desenvolvemento. O novo módulo tamén disporá de espazos destinados a deportes de combate (judo, karate ou taekwondo) e ximnasio.

Relacionadas

O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de...

0
O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de Galicia cun estand propio, promovendo a sostibilidade e os valores...

A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital...

0
 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do...

A Deputación recibe en Madrid a Medalla de Honor con mención especial da Asociación...

0
O deputado de Infraestruturas en funcións, Gregorio Agís, recolleu a distinción no acto que vén de ter lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería...

O proxecto divulgativo sobre o percusor do cinema galego, José Gil, chega ao Porriño

0
• A vila do Louro acollerá os próximos 9 e 10 de xuño actividades, presentacións, proxeccións, concertos e encontros arredor da obra e a...

Aberto o prazo para a elección dos premios ao deporte de San Xoán 2022-2023

0
• As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da Sede Electrónica • A entrega dos galardóns levarase a cabo o xoves 22 de...

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como...

0
― O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición ― O...

Publicacións Relacionadas