HomePontevedraCaldasA Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao río...

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao río Valga

- Anuncio -spot_img

― Os técnicos do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo no municipio de Valga


― A achega contaminante localizouse nunha vivenda particular da parroquia de Santa Cristina de Campaña


― Os técnicos confirmaron a emenda do vertido tras levarse a cabo o selado da tubaxe da vivenda na súa saída cara ao dominio público

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais ao río Valga, ao seu paso por este concello pontevedrés.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio.

A achega contaminante localizouse nunha vivenda particular da parroquia de Santa Cristina de Campaña que vertía as súas augas residuais directamente no río.

Os técnicos de Augas de Galicia levaron a cabo unha inspección, comunicándolle ao propietario a necesidade de adoptar medidas correctoras.

Nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos de Augas de Galicia verificaron a emenda do vertido, tras proceder o propietario ao selado da tubaxe da vivenda na súa saída a dominio público.

Publicacións Relacionadas