Home Pontevedra Baixo Miño A Xunta financia a mellora de servizos de augas de 24 comunidades...

A Xunta financia a mellora de servizos de augas de 24 comunidades de usuarios de Tomiño e concede 94.000 euros máis para este ano

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisan as actuacións realizadas nos lugares de Sobrada, Tomiño, Goián e Estás, orientadas a garantir a subministración de auga potable aos veciños

— O Goberno galego concedeu máis dun millón de euros en achegas a 24 entidades de augas deste municipio no último lustro para a construción de depósitos, renovación de tubaxes, potabilización, mellora da rede e outras obras

— A Vicepresidencia primeira vén de aprobar novas axudas para as entidades veciñais de Forcadela, Pinzás, Goián, Vilachán, Amorín, Vilameán e Carballal-Fixos

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, financiou no último lustro a mellora de infraestruturas e servizos de augas de 24 comunidades de usuarios do municipio de Tomiño con achegas por riba do millón de euros e vai continuar nesta liña de colaboración posto que vén de conceder sete axudas máis para este ano cunha contía de 94.000 euros.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciaron esta mañá estas novas contribucións do Goberno galego para a modernización das traídas veciñais deste municipio nunha visita realizada ás melloras financiadas, ao abeiro das convocatorias do pasado ano, nas comunidades de Sobrada, Tomiño, Goián e Estás.

Durante o percorrido estiveron acompañados pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o presidente da Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra (Coxapo), Juan Joaquín Posa, e representantes municipais e das comunidades beneficiarias.

“Só nos últimos cinco anos concedemos 46 axudas a 24 entidades de augas de Tomiño a través do Plan de Acción Comunitaria por máis de 550.000 euros no marco do noso compromiso de colaboración coa cidadania e imos seguir nesta liña para garantir e mellorar os servizos públicos, polo que xa están aprobadas sete achegas máis para as subministracións de auga veciñais deste concello”, detallou a directora xeral.

Neste senso, e ao abeiro da orde de axudas veciñais correspondente a 2021, a Xunta de vai destinar 94.000 euros a comunidades de usuarios de Tomiño coa seguinte distribución: Forcadela (15.988), Pinzás (17.000), Goián (11.905), Vilachán (13.421), Amorín (12.000), Vilameán (12.000) e Carballal-Fixos (12.000). Ademais, a contía podería incrementarse nas vindeiras semanas coa liña de axudas, coas mesmas características, promovida por Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

“A Xunta, a través das distintas ordes e canles de colaboración, está a apoiar numerosas accións de mellora do abastecemento e do saneamento malia tratarse dunha competencia municipal, pero cremos que as galegas e os galegos teñen que contar cuns servizos de primeiro nivel e ademais débeselle garantir a subministración de auga potable, especialmente no caso de servizos veciñais e ante o impacto global que está a ter a seca nos últimos anos”, especificou o delegado territorial, que explicou que a maioria das 36 asociacións de traídas de Tomiño tense beneficiado destas contribucións, orientadas a garantir o abastecemento coa construción e mellora de depósitos, renovación de tubaxes, potabilización, reformas da rede e outras obras.

Cómpre sinalar que, só o pasado ano, o Goberno galego concedeu unha vintena de achegas para a modernización das infraestruturas de augas no municipio de Tomiño por importe de 228.000 euros. As mesmas beneficiaron ás comunidades de Norte Salgosa, Estás, Mosteiro, Cimadevila, Goián, Sobrada, Carballal e Figueiro, no caso da orde da Vicepresidencia primeira, e Pazo-Barrantes, Carballal-Fixos, Luneda Sardiñeda, Fonteliña, Solvado, Forcadela, O Barro-Regidouro-Lameira, Samuelle, Pinzás, Estás, Bouzón-Piñeiro e Vilameán, no caso das achegas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Publicacións Relacionadas