HomeVigoMosA Xunta financia con máis de 700.000€ a construcción da futura Escola...

A Xunta financia con máis de 700.000€ a construcción da futura Escola Infantil de Mos, que contará con 41 prazas públicas gratuítas

- Anuncio -spot_img

A conselleira de Política Social e Igualdade puxo en valor a colaboración co Concello e sinalou que se trata dun novo recurso que tamén potenciará a conciliación familiar na área

Fabiola García lembrou que Galicia é líder absoluta nacional nos ratios de educación infantil que xa supera o 60,5%

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou esta mañá, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na colocación da primeira pedra da que será a nova escola infantil do Rebullón, que contará con 41 prazas públicas e gratuítas. Na súa intervención, destacou que a Xunta de Galicia financia este proxecto cunha achega económica de máis de 700.000 euros.

A conselleira puxo en valor que esta nova escola infantil é unha mostra máis da colaboración entre a administración local e autonómica e que “permitirá crear un centro de referencia na comarca e na provincia” co que seguir potenciando a conciliación familiar na comarca. Deste xeito, Fabiola García avanzou que este proxecto, no que a Xunta financia o 56% do orzamento total, contará con 41 prazas na primeira fase, que poderán ampliarse nun futuro ata chegar ás 82.

Así mesmo, destacou que este novo centro “non é só a construción dun edificio, é a mostra dun compromiso firme cunha sociedade máis xusta e preparada” e que supón seguir reforzando e incrementando as prazas públicas na educación 0 a 3 anos. En concreto, o concello de Mos xa conta con cinco escolas infantís, tres delas de titularidade autonómica.

Nesta liña, lembrou que en Galicia esta etapa voluntaria é totalmente gratuíta, unha medida que permite -segundo explicou Fabiola García- que a comunidade sexa líder absoluta a nivel nacional superando a barreira dos 60,5% nenos e nenas matriculados e beneficiando a máis de 32.000 familias.

A conselleira de Política Social e Igualdade tamén lembrou que na contorna deste novo centro educativo infantil se situará un complexo sociosanitario único e que entre outros servizos acollerá o segundo centro de coidados intermedios de Galicia. Este proxecto suporá, dixo, a recuperación integral do edificio histórico do Rebullón.

Publicacións Relacionadas