Home O Morrazo Bueu A Xunta financia obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas dos...

A Xunta financia obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas dos concellos pontevedreses de Vilaboa e Bueu

- Anuncio -

Cun orzamento de máis de 55.000 euros, aprovéitase o período estival para renovar as instalacións

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado dos alcaldes das localidades e doutros membros das corporacións municipais, visitou esta mañá as escolas infantís públicas autonómicas dos concellos pontevedreses de Vilaboa e Bueu. En ambos centros realízanse obras de mellora para renovar as instalacións durante o verán.

Na EI de Bueu, os principais traballos desenvólvense nas áreas de xogo, coa substitución do revestimento actual por un novo de caucho que permitirá a introdución de xogos visuais, mellorará a estética do conxunto e reforzará a seguridade, eliminando os desniveis. Tamén se ampliarán as zonas verdes e se mellorarán os accesos e a circulación polo centro.

Na EI de Vilaboa, as obras consisten na instalación dunha tarima de vinilo de cor clara no interior das aulas e doutras dependencias para igualala coa que xa está instalada no patio interior. Ademais, mellorarase a estética das fachadas e instalarase un dispositivo para aumentar a presión da auga corrente.

A execución das obras corre a cargo dos Concellos, mentres o Consorcio asume o seu financiamento mediante a compensación do importe das liquidacións que ten que aboar a Administración local por este servizo: máis de 36.000 no caso de Bueu e por riba dos 19.000 no caso de Vilaboa.

Gratuidade 0-3

Cun investimento de 60 millóns de euros, o próximo curso será o terceiro no que a Xunta financiará integramente a etapa 0-3 anos nas escolas infantís, tanto públicas como privadas e de entidades sociais. Isto supón un aforro anual, de media, de máis de 3.000 euros ao ano que beneficia a máis de 32.000 familias.

Relacionadas

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase en 2024

0
En decembro máis de 1000 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Tui Máis de mil persoas pasaron no mes de decembro pola Oficina Municipal de...

O Punto Limpo de Mos elaborará estructurante para compost que a veciñanza poderá adquirir...

0
A iniciativa forma parte dun proxecto de mellora das instalacións, que inclúe tamén outra innovadora proposta: un mini punto limpo móbil que percorrerá as...

Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de...

0
Será no Templo Vello o 3 de xaneiro ás 20.00 horas e contará cun amplo repertorio musical  O 3 de xaneiro a partir das 20.00...

O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de...

0
O Concello licitou por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta de gatos e a xestión das súas colonias felinas que inclúe...

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

Publicacións Relacionadas