Home Pontevedra Caldas A Xunta investirá arredor de 3,5M€ na ampliación do instituto Aquis Celenis,...

A Xunta investirá arredor de 3,5M€ na ampliación do instituto Aquis Celenis, en Caldas de Reis

- Anuncio -

— Engadirase un andar máis ao edificio existente, dotado de aulas polivalentes, de música e debuxo, así como zona ‘maker’, ximnasio e vestiarios, entre outros

— Os orzamentos de 2022 xa contemplan unha partida de 50.000€ para a licitación e redacción do proxecto desta obra

— O titular do departamento educativo da Xunta sinala que esta actuación dá resposta á crecente demanda de prazas neste centro e permitirá á comunidade educativa contar con espazos renovados e máis amplos

— O proxector realízase no marco do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego vai adaptar os centros escolares ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, asinaron hoxe o convenio de colaboración para acometer a ampliación do instituto IES Aquis Celenis, na localidade pontevedresa. A Xunta de Galicia investirá arredor de 3,5M€ nesta actuación, que, tal e como sinalou o conselleiro, ten por obxectivo dar resposta á crecente demanda de prazas neste centro.

Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia sinalou que esta obra vai supoñer unha importante mellora para comunidade educativa deste instituto, que contará con espazos renovados e máis amplos, axustados ás novas necesidades.

Non en balde, a ampliación realizarase de acordo co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, que é a folla de ruta do Goberno galego para as infraestruturas educativas da próxima década. O plan aposta por un novo modelo de escolas máis flexibles, máis tecnolóxicas e sostibles, adaptado á situación poscovid e conta cun orzamento de 191M€ para a lexislatura.

Novo andar
O instituto ten actualmente dúas aulas por cada curso de ESO e tres por cada curso de Bacharelato, que suman un total de 377 alumnos, o que obriga a ocupar todos os espazos dispoñibles, incluídos departamentos e salas de profesores. A ampliación prevé a construción dun andar a maiores no edificio existente, cunha superficie total construída de 2.372 m².

O novo espazo estará dotado de aulas polivalentes para as dúas etapas, aulas de música e debuxo e zona maker. Así mesmo, haberá unha zona para o uso docente, aseos, ximnasio e vestiarios.

Tal e como explicou o conselleiro, unha vez asinado o convenio encargarase a redacción do proxecto, para o que os orzamentos deste 2022 xa recollen unha partida de 50.000€. Desta forma, as obras poderían iniciarse ao longo do ano 2023.

Pola súa banda, o Concello de Caldas de Reis comprométese a obter os terreos lindeiros ao instituto para a dotación dun aparcamento, a outorgar as licenzas de edificación necesarias e a reurbanizar as entradas e o aparcadoiro con acceso rodado ao instituto e ao Centro Público Integrado Alfonso VII. Así mesmo, colaborará coa Xunta na disposición dos espazos para reubicar ao alumnado durante a execución das obras, no caso de que sexa necesario.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas