Home Pontevedra Deza A Xunta inviste preto de 250.000 euros na mellora enerxética da nova...

A Xunta inviste preto de 250.000 euros na mellora enerxética da nova Casa do Concello de Silleda

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Silleda asinaron hoxe o acordo para a instalación e adaptación do novo edificio consistorial á rede de calor existente no municipio

— A medida garante un alto rendemento enerxético e unha redución de 19,33 toneladas de dióxido de carbono anuais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, asinaron hoxe o convenio para realizar obras de mellora enerxética na nova Casa do Concello. Ao abeiro da iniciativa, a Xunta destinará 249.515 euros á instalación e adaptación do edificio consistorial á rede de calor con biomasa existente na localidade. Ao acto de sinatura asistiu tamén a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.

Deste xeito, o Goberno galego financia máis do 80% do custo total do proxecto, superior aos 303.000 euros. A achega efectuarase en dúas anualidades, con 99.515 euros en 2022 e os 150.000 restantes en 2023. A actuación vai permitir a conexión da nova Casa do Concello á rede de calor District Heating executada en 2021 con fondos FEADER. O obxectivo é garantir un alto rendemento enerxético nun edificio eminentemente solar e que apenas precisará enerxía para o seu funcionamento. Así, prevese “unha redución de 19,33 toneladas de dióxido de carbono anuais”, apuntou Diego Calvo.

O vicepresidente segundo explicou que a obra permitirá a instalación de maquinaria específica como intercambiadores de calor, bombas e unidades de renovación de aire, ademais de distintos sistemas como chan radiante, puntos de abastecemento de auga quente e climatización. Habilitaranse tamén lugares nos que albergar as instalacións e realizaranse obras de mellora do sistema de illamento térmico exterior.

Apoio ás administracións locais
O convenio de colaboración asinado hoxe se enmárcase no apoio da Xunta aos concellos en materia de desenvolvemento sostible. Segundo apuntou Diego Calvo, nesta mesma liña, invístense neste ano 11,3 millóns de euros no Fondo de Compensación Ambiental para financiar os custos de funcionamento e equipamentos dos servizos municipais relacionados coa protección do medio. A maiores, as administracións locais benefícianse da Orde de infraestruturas de uso público dirixida a concellos de menos de 30.000 habitantes, que este ano suma 3,5 millóns de euros.

No marco destas iniciativas a prol dos servizos e as infraestruturas municipais, o concello de Silleda recibiu nos últimos anos preto dun millón de euros. Trátase así de facilitar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego, de xeito que os concellos poidan prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia do seu lugar de residencia, a prol da calidade ambiental e da prevención e mitigación de efectos adversos sobre o medio natural.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra abre este venres no Palacete das Mendoza a exposición “Cor...

0
A mostra da artista pontevedresa poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 5 de maio A Deputación de Pontevedra abre ao...

Galicia aposta no Comité Europeo das Rexións por un mecanismo para superar os obstáculos...

0
— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE interveu durante o pleno para amosar o apoio galego á creación dunha ferramenta para...

A Deputación esgota en tan só uns minutos as prazas das catro “Rutas das...

0
Os catro percorridos terán lugar o sábado 27 de abril e permitirán á cidadanía coñecer catro sidrerías singulares da Estrada A Deputación de Pontevedra esgotou...

Mondariz celebra o Mes do Libro con actividades para tódolos públicos

0
O Concello de Mondariz convida a participar nas actividades organizadas dentro do programa “Abril mes do libro”. Con motivo do Día do Libro, o...

O Concello de Baiona desenvolverá vixilancia policial e videovixilancia ante o roubo de contedores...

0
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, iniciou a recollida comercial de biorresiduos. Este esforzo representa un paso significativo cara...

O concello de Nigrán celebra o sábado 27 a II Gala Carlos Casares no...

0
Este día serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado Será presentada por Marina Sánchez...

Publicacións Relacionadas