Home Pontevedra Caldas A Xunta licita a redacción dos proxectos do Parque Empresarial de Pontecesures...

A Xunta licita a redacción dos proxectos do Parque Empresarial de Pontecesures por un importe de preto de 100.000 euros

- Anuncio -

O futuro polígono terá unha superficie total de ao redor de 304.000 metros cadrados, dos que máis de 182.000 se corresponderán coas aproximadamente 21 parcelas destinadas a uso industrial e comercial nos que quedarán divididos

A Xunta de Galicia publicou hoxe a licitación da redacción do Proxecto de interese autonómico (PIA) e do proxecto de urbanización do futuro parque empresarial de Pontecesures, en Pontevedra, por un importe de case 100.000 euros. Así llo comunicou esta mañá o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, ao alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, con quen mantivo unha reunión para falar das previsións do organismo autonómico respecto do desenvolvemento do polígono industrial da localidade.

Neste sentido, o responsable do IGVS explicoulle que a área empresarial ocupará unha superficie de ao redor de 304.000 metros cadrados, dos que máis de 182.000 se destinarán a parcelas de uso industrial e comercial. Esta superficie dividirase nunhas 21 parcelas, aínda que os datos exactos serán determinados polo propio PIA e mais o proxecto de urbanización. O futuro parque estará emprazado entre as estradas N-550 e a PO-548.

En canto ao deseño, terase en conta a realidade actual da zona que rodea o ámbito, de maneira que nas áreas próximas a vivendas ou equipamentos se concentrarán os espazos verdes, a superficie libre e as parcelas destinadas a uso comercial que poden permitir a instalación de, por exemplo, supermercados ou tendas de distinto tipo, establecendo deste xeito bandas de transición entre as zonas actualmente dedicadas a uso residencial ou equipamento e a zona empresarial do futuro polígono.

Por outra parte, á hora de planificar esta nova área empresarial teranse en conta tamén as zonas inundables e de protección de canles fluviais.

A empresa pública Xestur –cuxo Consello de Administración autorizou esta licitación a semana pasada destinará un total de 99.730 euros á redacción de ambos proxectos, cun prazo de execución de 13 meses incluíndo a tramitación dos mesmos, a resposta ás alegacións e a súa adaptación

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas