HomePontevedraDezaA Xunta pon en exposición pública os terreos da Área Recreativa "O...

A Xunta pon en exposición pública os terreos da Área Recreativa “O Abeseiro” en Vila de Cruces

- Anuncio -spot_img

Hoxe o Concello de Vila de Cruces recibiu unha excelente nova. A Xunta puxo en exposición pública os terreos necesarios para a creación da nova Área Recreativa de “O Abeseiro”, e procederase á cualificación dos 16.476 m2 como zona verde do sistema local de espazos libres.

Desde este martes e até o 1 de xuño, a Consellería de Medio Ambiente expoñerá ao público o documento ambiental estratéxico do Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) “O Abeseiro”, o que permitirá a Vila de Cruces dispor de mais espazo verde de lecer nesta parroquia de Toiriz.

Este anuncio é un gran paso adiante para Vila de Cruces, xa que a creación de áreas recreativas é fundamental para mellorar a calidade de vida da nosa Vila. A promoción de actividades ao aire libre e da vida saudable son elementos clave para o benestar da nosa poboación, especialmente para aqueles veciños maiores, que representan o 70% da nosa comunidade.

A zona verde de “O Abeseiro” será unha adición valiosa ás nosas áreas recreativas existentes, as cales estamos ampliando. Agradecemos á Xunta o seu compromiso co benestar da nosa comunidade e esperamos traballar con eles no futuro.

O Concello de Vila de Cruces será un referente de lecer na comarca con esta iniciativa liderada por Luis Taboada para mellorar e poñer en valor as áreas recreativas da nosa comunidade. Con unha inversión de máis de 200.000 euros, a creación da área recreativa de “O Abeseiro” é un proxecto ambicioso que beneficiará a todos os cruceños e cruceñas.

Dende goberno de Xuntos están emocionados de compartir esta nova cos veciños e veciñas, e seguiran traballando para facer de Vila de Cruces unha Vila máis saudable.

Publicacións Relacionadas