HomePontevedraCaldasA Xunta pon en marcha un segundo Obradoiro Dual de Emprego en...

A Xunta pon en marcha un segundo Obradoiro Dual de Emprego en Valga e Moraña para formar este ano a 36 desempregados cun investimento de case 700.000€

- Anuncio -spot_img

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, e os alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello e José Cela, inauguran ‘Ulla-Umia V’, que se desenvolverá durante no meses con vinte participantes nos módulos de Forestal e Carpintaría
Destaca a “forte aposta da Xunta pola formación e o traballo” na bisbarra, xa que mañá inaugurarase unha terceira iniciativa laboral en Caldas de Reis para quince participantes centrada no Camiño de Santiago
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de poñer en marcha un segundo obradoiro dual de emprego nos concellos de Valga e Moraña, xa que á iniciativa laboral para menores de 30 anos que arrancou hai un mes e medio vén de unirse Ulla-Umia V, o que permitirá formar este ano a 36 persoas desempregadas dos municipios cun investimento global de case 700.000€.
A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, que inaugurou este novo obradoiro cos alcaldes de Valga e Moraña, José María Bello e José Cela, no Auditorio Municipal en Cordeiro, destacou a “forte aposta do Goberno galego pola formación, a inserción e o traballo” nestes dous concellos, xa que van dispoñer de dous obradoiros, e na
bisbarra de Caldas.
Nesta comarca desenvolverase tamén unha terceira iniciativa baixo o formato dual que se
presenta coa denominación Os Camiños do Camiño e que se inaugurará mañá en Caldas de
Reis. En total, serán tres obradoiros de emprego nesta zona cun investimento de 952.000€ e que formarán e mellorarán a empregabilidade de 51 persoas sen traballo.
Xa na inauguración, a representante autonómica animou aos alumnos-traballadores de Moraña e Valga a “aproveitar esta oportunidade grazas á quinta edición consecutiva deste
obradoiro impulsado pola Xunta e desenvolver un bo labor de aprendizaxe para gañar
coñecementos e experiencia e obter o certificado de profesionalidade, xa que elo contribuirá
decisivamente a dispoñer de máis opcións laborais no regreso ao mercado de traballo cando
finalice esta formación no outono de 2021”.
O obradoiro de emprego Ulla-Umia V desenvolverase nos módulos de Forestal e Carpintaría, que terán dez participantes cada un e nove meses de duración e complementaranse con ensinanzas en materias como prevención de riscos laborais, igualdade, alfabetización dixital ou sensibilización ambiental, entre outras. Ademais, os alumnos-traballadores disporán da posibilidade, ao seu remate, de optar a contratos de prácticas por espazo de tres meses en empresas da zona para completar a súa formación e facer unha toma de contacto no mercado laboral en torno aos seus oficios.

22 obradoiros este ano na provincia
En total, a Consellería de Emprego e Igualdade ten en marcha 22 obradoiros duais para o
presente ano na provincia de Pontevedra, dos que oito son para mozos e mozas e están
orientados exclusivamente a desempregados de ata 30 anos de idade, cun investimento global próximo aos 7,5 millóns de euros.
Ademais, o Consello da Xunta acaba de autorizar a convocatoria de axudas para a realización de obradoiros de emprego durante o período 2021-2022. A Xunta investirá mái
de 30,2 millóns de euros na próxima quenda co obxectivo de que 1.500 persoas sen
emprego amplíen a súa formación ao tempo que acceden a un contrato de traballo. A previsión da Administración autonómica é poñer en marcha, en colaboración cos concellos e
as entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, un total de 81 programas (62 obradoiros
duais e 19 para mozos e mozas).

Publicacións Relacionadas