Home Pontevedra Poio A Xunta recibe 11 ofertas para redactar o proxecto de mellora do...

A Xunta recibe 11 ofertas para redactar o proxecto de mellora do saneamento na Seca e no Porto de Campelo en Poio

- Anuncio -

Trátase de desenvolver as propostas do Plan de saneamento local para o novo tanque de tormentas na Seca, que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo, mellorando as instalacións, que suporán un investimento de máis de 3M€

A Xunta vén de recibir un total de once ofertas para a redacción do proxecto construtivo do novo bombeo e depósito de retención da Seca e da mellora da estación de bombeo de augas residuais do porto de Campelo, no concello de Poio.

Mediante este contrato, licitado por máis de 141.000 euros, trátase de desenvolver as propostas do Plan de saneamento local da ría de Pontevedra para o novo tanque de tormentas na Seca, que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo e mellore as instalacións deste último. O prazo de execución do contrato de redacción do proxecto construtivo é de seis meses.

Esta actuación forma parte do citado Plan de saneamento local, no que se identificaron novas actuacións prioritarias que impulsará a Xunta para avanzar no saneamento da ría de Pontevedra. En total recóllense 10 novas actuacións: estas dúas en Poio, seis en Pontevedra e outras dúas en Marín.

As actuacións obxecto do contrato
O obxectivo do contrato é o desenvolvemento das actuacións propostas no Plan de saneamento local elaborado pola Xunta e permitirán a realización do estudo de alternativas, anteproxecto e proxecto construtivo dun tanque de tormentas nas inmediacións do bombeo da Seca actual, que permita regular o caudal enviado cara á estación de bombeo de augas residuais do porto Campelo, así como mellorar as instalacións deste último.

Para intentar resolver a problemática nas zonas que atinxen a este servizo, o Plan concreta as actuación propostas para un novo bombeo e depósito de retención da Seca e novo bombeo do porto Campelo, que suporán un investimento de máis de 3 millóns de euros.

Na actualidade, o bombeo da Seca recibe as augas residuais dunha gran extensión da rede de saneamento do municipio de Poio, que en tempo de choiva non ten capacidade suficiente para bombear todo o caudal que recibe polo que se producen alivios ao medio.

A proposta a desenvolver neste contrato consiste na execución dun depósito de retención cunha capacidade útil de 500 m3, previo ao bombeo, que permitirá laminar os caudais punta que recibe o bombeo da Seca, reducindo o volume de alivios. Ademais, proponse a rehabilitación ou renovación do bombeo existente.

No caso do actual bombeo do porto Campelo, situado nas inmediacións do porto do mesmo nome, recibe augas residuais dunha porcentaxe alta da rede de saneamento de Poio e bombéaas ata o do Miradoiro, nas inmediacións da praia de Lourido. O bombeo alivia na rede de pluviais, que á súa vez descarga directamente no porto de Campelo. Neste caso, a proposta prevista no Plan de saneamento local consiste na realización dun novo bombeo cunha capacidade equivalente á actual ou a mellora do existente.

O detalle dos traballos
Para dar resposta a estas necesidades, os traballos que deberá realizar o adxudicatario do contrato incluirán a análise da problemática e a obtención dos datos previos necesarios, así coma o estudo das diferentes alternativas existentes e selección da alternativa máis axeitada.

O seguinte paso correspóndese coa redacción do anteproxecto, como documento previo á redacción do proxecto construtivo, e necesario para realizar os trámites con outras administracións afectadas, para levar a cabo o trámite ambiental ou as expropiacións. O contrato concluirá coa redacción de proxecto construtivo e a súa validación, perante o servizo de supervisión técnica de proxectos da Xunta.

Cómpre lembrar que o Plan de saneamento local da ría de Pontevedra contén un programa de actuacións cun investimento total de 47 millóns de euros que a Xunta financia con fondos propios e fondos Feder. Neste momento hai traballos xa en marcha por 32 millóns e as 10 novas actuacións previstas pola Xunta no Plan de saneamento local da ría que suporán un investimento de máis de 15 millóns de euros.

A Xunta de Galicia mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas