Home Pontevedra A Lama A Xunta recibe 5 ofertas para completar a mellora integral da estrada...

A Xunta recibe 5 ofertas para completar a mellora integral da estrada autonómica PO-235 ao paso polo concello da Lama

- Anuncio -

― A actuación suporá un investimento de 3,9 M€ e ten un prazo de execución de 12 meses


― Intervirase en 7 km da vía, desde a parroquia de Seixido ata A Portela da Cruz, no límite coa provincia de Ourense, mellorando as condicións de circulación e facilitando os desprazamentos máis seguros


― Ampliarase a calzada ata os 7 metros de ancho e mellorarase o seu trazado en diversas curvas


― Os actos expropiatorios dos terreos necesarios para a execución dos traballos están convocados para os meses de febreiro e marzo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu cinco ofertas de empresas para executar as obras que completarán a mellora integral da estrada PO-235 no concello da Lama.

Esta intervención, cun orzamento global de 3,9 M€, permitirá a execución da 3ª fase de acondicionamento desta estrada autonómica ao longo de case 7 quilómetros, entre a parroquia de Seixido e ata A Portela da Cruz, xa no límite coa provincia de Ourense.

Esta actuación na PO-235 ten como obxectivo mellorar as condicións de circulación, facilitando desprazamentos máis cómodos e seguros.

Para iso actuarase no treito de 7 quilómetros da PO-235, comprendido entre o quilómetro 18+100, á altura da parroquia de Seixido, e ata A Portela da Cruz, no quilómetro 25 da estrada.

Os traballos consistirán na ampliación da plataforma ata acadar os 7 metros de ancho. Isto significa que a vía disporá de 2 carrís cun ancho de 3 metros e beiravías de 0,5 metros en cada marxe, ademais de cuneta transitable de 1,50 metros. Agora mesmo a estrada nese treito ten estreitamentos que dificultan o cruce de vehículos, cun ancho máximo de 5,60 metros, un problema que quedará solucionado con esta intervención.

Tamén se mellorará o trazado en distintas curvas ao longo do tramo no que se vai a actuar. Actualmente a estrada é sinuosa, con curvas de radio reducido e incluso con curvas consecutivas ao longo de 1 quilómetro. A este respecto, e co obxectivo de facilitar a circulación e diminuír o risco de sinistralidade, procederase á rectificación daquelas de menor radio.

A intervención tamén incluirá a renovación do firme da estrada e a capa de rodaxe, así como a adaptación da drenaxe transversal da plataforma con tres puntos principais de evacuación.

Ademais, procederase ao revestimento de cunetas e á renovación do tendido, sinalización vertical e horizontal, balizamento e defensas.

As actuacións contan cun prazo de execución de 12 meses. Os actos expropiatorios dos terreos necesarios para levar a cabo a intervención están xa convocados para os vindeiros meses de febreiro e de marzo.

En concreto, os actos para o levantamento das actas previas á ocupación están convocados para os vindeiros días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de febreiro, das 09,00 ás 14,00 horas, na Casa do Concello da Lama. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo os días 19, 20 e 21 de marzo, no mesmo horario e no mesmo lugar.

Relacionadas

A Xunta destaca a importancia do deporte para cara a plena inclusión das persoas...

0
A directora xeral Begoña Abeijón participou hoxe na inauguración dos XXIV Xogos Autonómicos de Atletismo de Special Olympics Galicia A directora xeral de Persoas con...

A Deputación concede preto de 34.000 euros ao Concello do Rosal para a adquisición...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación aproba máis de 30.000 euros para que o Concello da Lama mellore...

0
Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou máis de 1,7 millóns de euros entre 28 concellos da provincia de...

A Deputación celebra o Día do Libro cun contacontos e diversas propostas dixitais para...

0
O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto serán os encargados da actividade que se celebrará o vindeiro martes 23 de abril,...

A Xunta organiza unha xornda técnica sobre o benestar laboral no marco unha empresa...

0
― O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo...

A Oficina de Turismo de Redondela e o Meirande abren as súas portas

0
Redondela comeza oficialmente a temporada turística coa apertura da súa Oficina de Información, na rúa Isidoro Queimaliños, e do centro de interpretación da Batalla...

Publicacións Relacionadas