Home Pontevedra O Salnés A Xunta reforza o equipamento do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo...

A Xunta reforza o equipamento do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo cun novo camión para invertir en zonas de difícil acceso

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dun vehículo bomba rural lixeira destinado a intervencións en incendios e labores de salvamento

Alfonso Rueda destacou a importancia de contar con efectivos ben equipados para facer fronte a situacións como o incendio da factoría de Jealsa en Boiro a pasada fin de semana no que interviron servizos de todas partes, entre eles o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dun novo camión para o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo, para intervir en incendios e labores de salvamento en zonas ás que non poden acceder outros vehículos de maior tamaño.

O camión conta cunha cisterna de 1.100 litros, o que supón unha cantidade de auga suficiente para afrontar unha primeira intervención nun lume urbano. Á entrega tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López.

A Xunta adquiriu este vehículo tipo bomba rural lixeira (BUL) por 150.000 euros, no marco dun investimento de 600.000 euros para reforzar o equipamento de varios grupos mediante a compra de 4 vehículos: un para o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo, 2 para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Estrada/Lalín, cun camión para os efectivos de cada unha das sedes, e outro para o novo servizo municipal de Noia creado este ano.

Alfonso Rueda reafirmou o compromiso da Xunta para apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade na dotación de equipamento para contar con profesionais ben equipados que poidan facer fronte a incidencias como o incendio industrial da pasada fin de semana na fábrica de Jealsa de Boiro, á que se trasladaron efectivos de tódalas partes –parques de bombeiros, GES, así como servizos e agrupacións de Protección Civil- mobilizados e coordinados polo 112 Galicia e que colaboraron no control do lume.

Por iso, o vicepresidente primeiro da Xunta agradeceu a implicación destes efectivos para velar pola seguridade dos cidadáns e incidiu na necesidade de reforzar o seu equipamento co obxectivo de levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións. Nesta liña, o Goberno galego leva investidos case 20 millóns de euros en material cedido aos concellos galegos nas intervencións dos GES e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC).

Con este novo vehículo, o servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo reforza o seu equipamento para dar cobertura ao concello e aos municipios de Meaño, Poio e O Grove, aos que tamén dá cobertura, ademais de desprazarse a incidencias onde se require a súa colaboración como a pasada fin de semana en Boiro.

Trátase dun dos 4 servizos municipais da emerxencias da comunidade, que xunto con outros 29 GES atenden a un total de 190 concellos. O mapa de emerxencias da comunidade ampliouse e mellorouse este ano para reducir tempos de resposta coa creación de 6 novos servizos propostos pola Xunta e cuxa posta en marcha se aprobou na Comisión de Seguimento dos GES, da que forman parte o Goberno galego, as deputacións provinciais e os concellos a través da Fegamp.

Así Galicia conta con 3 novos GES na provincia de Pontevedra –A Cañiza, A Lama e Mos/Redondela-, outros 2 en Ourense –Maceda e A Veiga- e o servizo municipal con base no concello coruñés de Noia. A Xunta colabora no financiamento destes grupos, pese a tratarse dunha competencia de concellos e deputacións, cun investimento de 4,8 millóns de euros este ano, máis da metade do seu custo total, polo que solicita tamén a implicación do resto de administracións na dotación de equipamento dos servizos de emerxencias.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas