Eloína Ingerto destacou o papel desta comunidade de mulleres que promove a participación das mulleres en disciplinas tradicionalmente masculinizadas
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, asistiu esta tarde no Grove á entrega de premios da carreira de trail running e senderismo feminino. Tras a súa participación no acto, destacou este evento deportivo da asociación Asaltamontes como unha iniciativa de referencia da unión e o asociacionismo feminino.
Neste sentido, Eloína Ingerto destacou o papel de Asaltamontes e as súas participantes na promoción e visibilidade das mulleres nunha disciplina deportiva tradicionalmente masculinizada. Deste xeito, explicou que grazas a este tipo de eventos danse importantes pasos na promoción da igualdade e na superación dos estereotipos de xénero.
A directora xeral tamén destacou a importancia deste tipo de encontros para as nenas e mozas axudando a romper as barreiras e demostrando que o deporte é para todas e todos.

