Home O Salnés Cambados A Xunta suma o negocio de moda infantil Parruliños, de Cambados, á...

A Xunta suma o negocio de moda infantil Parruliños, de Cambados, á oferta de establecementos que ofrecen descontos especiais ás familias a través da Tarxeta Benvida

- Anuncio -

― Achegará un 5% de rebaixa en todos os produtos da tenda aos beneficiarios desta axuda da Consellería de Política Social

― Ademais daqueles sectores como farmacias e supermercados, entre outros, nos se pode facer uso da tarxeta, hai unha decena de establecementos en Galicia nos que se aplican estas vantaxes engadidas

A Xunta de Galicia continúa a incrementar a oferta de establecementos adheridos á Tarxeta Benvida. Moda Infantil Parruliños, situada en Cambados, acaba de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social para adherirse ao programa e ofrecer descontos especiais a todos os beneficiarios desta axuda autonómica.

Deste xeito, ademais de poder facer uso da tarxeta no negocio, achegará un desconto dun 5%. Este comercio non foi o único establecemento que nas últimas semanas se sumou á Tarxeta Benvida, tamén o fixo a tenda La Casita de Valeria, situada na Coruña; Cabezas Mobles de Chantada; MYS Ópticos, en Santiago; e Sneakersnº2, en Ourense. Polo tanto, son agora máis dunha decena de negocios galegos os que ofertan vantaxes aos perceptores desta tarxeta.

A Tarxeta Benvida permite aos seus beneficiarios comprar produtos de hixiene, téxtil, farmacia, parafarmacia, tendas de alimentación, librarías, ópticas e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Sumarse ao programa
Todo aquel negocio que estea interesado en formar parte desta iniciativa pode encontrar a solicitude de adhesión na páxina web da Consellería de Política Social. Deben engadir todos os datos de interese que require o documento para logo trasladalo á Dirección xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica a través da Sede Electrónica da Xunta (procedemento PR00A).

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

Publicacións Relacionadas