HomeVigoMosA Xunta visita o Instituto de Mos para avaliar o reforzo da...

A Xunta visita o Instituto de Mos para avaliar o reforzo da oferta de FP no centro

- Anuncio -spot_img

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse co equipo directivo do IES para analizar as distintas opcións ao respecto

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Instituto de Mos co obxectivo de avaliar un posible reforzo da oferta de Formación Profesional neste centro, complementando ademais o catálogo de ciclos que se imparten na comarca.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional mantivo unha reunión de traballo co equipo directivo do centro e coa concelleira de Educación, Julia Loureiro, co fin de analizar as distintas opcións ao respecto.

Para iso, e na liña do anunciado polo conselleiro Román Rodríguez nunha visita anterior a Mos, é preciso realizar previamente unha prospección das necesidades dos sectores produtivos da zona, para determinar que ciclos son máis necesarios para as empresas e, polo tanto, terían unha maior empregabilidade.

Cómpre lembrar que, na actualidade, o IES oferta o ciclo de grao básico en Servizos Comerciais, con 18 prazas.

Publicacións Relacionadas