Home Vigo O Porriño A XXX Edición de “Merca na Rúa” será os días 6 e...

A XXX Edición de “Merca na Rúa” será os días 6 e 7 de setembro no Porriño

- Anuncio -
  • ●       A Feira de Oportunidades do Porriño contará con 23 stands e grandes descontos, ademais de inchables e obradoiros para a cativada.
  • ●       Os asistentes poderán gozar tamén de 3 concertos na praza do Arquitecto Antonio Palacios durante o horario da feira.

O Porriño acolle esta fin de semana a XXX edición da feira de oportunidades “Merca na rúa”, que terá lugar no centro urbano da vila, na zona peonil da rúa Ramón González. O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (Acipor) en colaboración co Concello do Porriño, terá lugar o venres 6 e o sábado 7 de setembro en horario ininterrumpido de 10 a 21 horas.

Nesta edición haberá un total de 23 postos con diferentes productos e sectores e grandes descontos: moda e calzado para toda a familia, complementos, mercería, corsetería, moda para o fogar, teas, productos de limpeza, productos de visión, productos de almacenamiento de alimentos, deporte e churros.

Entretemento para a cativada

Como xa é habitual, na praza do Arquitecto Antonio Palacios instalaranse inchables para que os/as pequenos/as da casa disfruten tamén da Feira de Oportunidades do Porriño. Os inchables estarán dispoñibles de 11:00 a 14:00 o venres e de 16:00 a 19:00 o venres e o sábado. O sábado pola mañá de 11:30 a 13:30 haberá obradoiros infantís impartidos por SuperSugar e Hypatia.

Concertos na rúa

Coincidindo coa programación das Festas do Cristo, o venres ás 20 horas terá lugar o espectáculo de narración oral e música Trailalareira, con Vero Rilo e Santi Cribeiro. O sábado, Kedirán amenizará a rúa cunha sesión vermú a partir das 12.30. E xa cara ás 20h, DoRoxo Presbiçian quentará o ambente da praza.

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, anima a todos a “participar nesta feira que dinamiza a nosa vila e incentiva o comercio local, con actividades para que tamén os máis pequenos gocen destas xornadas, mentras os adultos compran con tranquilidade”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas