Os días 4, 5 e 6 de abril Arcade acollerá a XXXVII edición da Festa da Ostra. Un evento realizado con moito agarimo e coidado que chegará a máis de 30 mil persoas e que contará cun programa de alto nivel que porá en valor o produto máis típico do concello de Soutomaior, concretamente da parroquia de Arcade.
Esta mañá o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, concelleiros da corporación, viticultores e hostaleiros do concello presentaron esta mañá a XXXVII edición da Festa da Ostra. Unha cita na que tamén estivo presente o subdelegado do Goberno, Abel Losada. Esta presentación tivo como escenario un lugar idílico como é o mar, unha cita realizada na Enseada de San Simón co Peirao de Arcade como telón de fondo.
Manu Lourenzo dixo esta mañá que se trata dun evento feito “co maior dos agarimos e coidados, trátase dunha festa de unión que enxalzará o produto máis típico da parroquia de Arcade, unha festa de interese turístico á que convido a vir a todo o mundo a descubrir e degustar a Ostra, do nos Albariño de Soutomaior e a coñecer todos os atractivos do noso concello”.
O alcalde tamén dixo que “levamos traballando dende hai meses para que esta edición da Festa da Ostra sexa a mellor ata o de agora e así o estamos traballando coa axenda e coa posta en valor do produto estrela con sabor a mar por excelencia e sobre todo maridado co albariño de Soutomaior con esa maridaxe perfecta entre a ostra e o albariño da nosa terra”.
Unha festa que arrincará o 28 de marzo co curso de apertura de Ostras que terá lugar no Obradoiro Luís Seoane en Alxán e cuxas inscricións serán en liña a través da web do concello www.soutomaior.gal do 17 ao 24 de marzo.
O día 29 de marzo o programa “Pensando en ti” da Radio Galega tamén fará o seu especial da Festa da Ostra dende o Multiúsos de Arcade. Un programa en directo ao que están todas e todos convidados.
A festa continuará o 30 de marzo coa celebración da Carreira Infantil da Ostra onde pequenas e pequenos de 5 anos ou menos (os máis pequenos irán acompañados por un adulto) ata os 14 anos poderán desfrutar desta cita co deporte. As inscricións serán de balde e en liña dende o 13 ata o 23 de marzo na páxina do concello: www.souutomaior.gal
Pero os días grandes desta festa serán, sen dúbida os 4, 5 e 6 de abril coa celebración dunha das citas máis agardadas no concello de Soutomaior. Unha festa onde un ano máis se manterán os prezos populares con 10 euros a ducia de ostras e os viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella.
O venres 4 de abril abrirase a Festa da Ostra coas actuacións das orquestras América de Vigo e da París de Noia.
O sábado 5 de abril a Festa continuará coa apertura das casetas ás 12:00h., o pasarrúas de Bassica Rapa e xa pola noite chegarán as actuacións das orquestras Olympus e Kubo e coa tirada de fogos de arteficio ás 00:00h.
O domingo 6 de abril o día comezará ben cediño ás 10:00 da mañá co pasarrúas da BANDA ARTÍSTICA DE ARCADE e BANDA CULTURAL DE ARCADE dende o Calvario ata o Peirao.
Ás 11:00 h. terá lugar a apertura de casetas de degustación, unha hora máis tarde, ás 13:00 h. terá lugar a lectura do pregón a cargo do contador de historias e monologuista Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” nacido en Lalín pero veciño de Soutomaior xa que nestes momentos vive no noso concello.
Xa pola tarde terá lugar a actuación dos “Festicultores Troupe” a partir das 18:00h. no Peirao de Arcade.
Unha festa que traerá consigo moitas actualidade que dende o concello de Soutomaior irán dando a coñecer e presentando nos vindeiros días.