Aberta a inscrición do obradoiro de plantas silvestres comestibles e medicinais previsto para este doming 7 de abril

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello da Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro na súa IV edición e comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.
O vindeiro domingo 7 de abril terá lugar a primeira actividade aberta ao público do ciclo medioamebiental, a actividade plantas silvestres comestibles e medicinais.
O obxectivo desta actividade é aprender a identificar plantas silvestres da nosa contorna poñendo o foco nas especies autóctonas e no seu uso tradicional.
A actividade ten unha duración de unha hora e media, esta pensada para familias con rapaces de 4 a 14 anos. Se o tempo acompaña farase ao aire libre sendo o punto de encontro no observatorio de aves do Forno do Duque.
Para asistir é necesaria inscrición a través do QR ou do correo medioambiente@aguarda.es. No caso de dúbidas tamén pódese consultar no teléfono 676674837.

Comparte este artigo