HomeO MorrazoMarínAberta a licitación para a segunda fase da mellora da estrada de...

Aberta a licitación para a segunda fase da mellora da estrada de acceso a Pastoriza

- Anuncio -spot_img

As empresas interesadas en concorrer á actuación de mellora da infraestrutura viaria poderán presentar ofertas ata o 6 de novembro. A inversión é de máis de 45.680 euros, con cargo a unha subvención da Xunta de Galicia

O Concello de Marín segue avanzando na rehabilitación das infraestruturas viarias rurais co obxectivo de mellorar a seguridade e funcionalidade das principais vías de acceso ás parcelas agrícolas e ás vivendas do municipio.

Tras a execución da primeira fase da mellora do mantemento da estrada de acceso a Pastoriza o pasado ano, agora é o momento de continuar coa segunda fase do proxecto, para a que se conseguiu unha subvención do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Ata o 6 de novembro, estará aberta a licitación para que as empresas interesadas poidan presentar ofertas para a execución da actuación, que ten un orzamento de máis de 45.680 euros.

Este proxecto está deseñado para garantir que a vía manteña a súa funcionalidade e capacidade de acceso tanto para os vehículos agrícolas como para os residentes e visitantes do núcleo de Pastoriza. A vía, que conecta este núcleo coa estrada autonómica PO-313, é fundamental para o desenvolvemento económico da zona, sendo a única alternativa de acceso.

Rehabilitarase o firme da vía e aproveitaranse determinados sobreanchos para acadar unha calzada mínima de 5 metros de anchura, cunha pavimentación de 5,20 metros, que se ampliará a 6 metros nas curvas máis conflictivas. Esta ampliación facilitará o cruce de dous vehículos e mellorará a visibilidade, aumentando así a seguridade viaria na zona.

Un dos puntos chave desta intervención será a mellora do drenaxe da vía, que contribuirá a un desaugue máis eficaz das augas pluviais. A apertura de cunetas, a pavimentación de certos tramos e a instalación de drenaxes serán elementos esenciais para preservar o firme da calzada, alongando a súa vida útil e evitando a contaminación do solo e das augas subterráneas.

Publicacións Relacionadas