Aberta a senda do Lérez logo de reparar o noiro do acceso ao bombeo de Monte Porreiro

adminON
Lectura mínima de 2

O concelleiro Xaquín Moreda visitou esta mañá o remate da obra que tamén incluíu a canalización do  importante caudal de augas pluviais que proceden do barrio cara o río Lérez, na parte superior da estrada. 

O concelleiro de Servizos urbanos básicos, Xaquín Moreda visitou esta mañá o remate dos traballos de  reposición do acceso ao bombeo de Monte Porreiro e da senda do Lérez, logo de que cos primeiros  temporais do inverno caeu un noiro derrubando parte da estrada e facendo intransitable a senda empregada  a diario pola veciñanza de Pontevedra.  

Xaquín Moreda explicou logo de ver o resultado da intervención que “hoxe xa se retirarán os valados e toda  a cidadanía de Pontevedra poderá pasar e volver a gozar deste entorno natural privilexiado ao lado da  cidade”.  

O concelleiro resaltou a axilidade coa que se realizou a intervención tendo en conta que o derrube foi o  pasado 26 de setembro e o 2 de outubro o Concello xa aprobaba as contratacións das dúas empresas que  traballaron no lugar. Por un lado Enmacosa realizou un proxecto de intervención (42.350 euros) e a  construtora E.C.Casas realizou o muro escollera (465.850 euros).  

“Tamén se fixou a reparación do colector porque este derrube tirou un colector de augas fecais que vén de  Bora”, indicou Moreda e confirmou que se detectou a necesidade de reformar a canalización de augas  pluviais procedentes do barrio de Monte Porreiro que discorrían pola estrada, que tiña un caudal excesivo.  Acordouse instalar unha tubaxe directa ao río tratando de reducir a cantidade de caudal de auga que discorre  polos noiros da senda. 

Comparte este artigo