A Festa do Choco de Redondela volve a total normalidade despois das restriccións da pandemia. Instalarase a carpa na Campo da Feira de venda e promoción dos seus productos. Tamén continuarán as Xornadas Gastonómicas que tanto éxito tiveron nos úlitmos anos.
.
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para aqueles establecementos interesados en participar na celebración da trixésimo sexta Festa do Choco que terá lugar entre o 11 e o 14 de maio e que, unha vez levantadas todas as restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa con total normalidade. As bases para participar publicáronse no BOP do venres 10 de marzo e os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro ata o 27 de marzo.
A alcaldesa Digna Rivas apunta que a Festa do Choco de Redondela “está considerada Festa de Interese Turísitico de Galicia e busca promover o patrimonio cultural e gastronómico do municipio. Unha festa que representa a identidade de Redondela e que recupera a súa normalidade, esperando un aumento considerable da participación”. Rivas quixo adiantar as sorpresas que traerá esta edición, “cun programa completo, con actividades para tódalas idades e que incluir orquestas, Showcookings e concertos ao longo da fin de semana”.
BASES PARA OS POSTOS DE DEGUSTACIÓN, VENDA E PROMOCIÓN DA FESTA DO CHOCO 2023 . poden atoparse no seguinte enlace: http://redondela.gal/gl/anuncios
O prazo de presentación de instancias está aberto ata o 27 de Marzo.



