Aberto o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado da Arribada 2024

adminON
Lectura mínima de 1

Desde este martes 9 de xaneiro ata o vindeiro venres 9 de febreiro ambos inclusive, estará aberto o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2024

Todas aquelas persoas que o desexen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval que este ano cumpre o seu XXVIII Edición e na que se conmemora o 531 Aniversario da Arribada. A Festa celebrarase o 1, 2 e 3 de marzo de 2024. Poderanse descargar tanto as bases Reguladoras como a solicitude (Anexo I e II) na páxina web www.baiona.gal e no taboleiro de anuncios do Concello de Baiona a partir do martes 9 de xaneiro. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase un correo electrónico mercadoarribada@baiona.gal e un teléfono de consultas 699199400 de luns a venres en horario de 16:00-20:00h.

A organización da festa xa está a traballar para que o 531 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, ao grande.

Comparte este artigo