Aberto o prazo para apuntarse no concurso de decoración e iluminación de Nadal

adminON
Lectura mínima de 2

● Poderán participar establecementos comerciais, vivendas e comunidades de veciños

O Porriño prepárase para festexar o Nadal por todo o alto cunha ampla programación de actividades. Entre elas, está o xa tradicional Concurso de decoración e iluminación de Nadal de establecementos comerciais, vivendas e comunidades de veciños.
Con este concurso dende o Concello queren promover a participación activa da veciñanza na decoración do pobo e tamén visibilizar e apoiar ao comercio local, conseguindo infundir un maior ambiente navideño no Porriño. Todo isto, baseado en valores como o traballo en común e a cooperación.
As bases que rexerán o concurso están publicadas. Poderán participar vivendas, comunidades de veciños e establecementos comerciais, hostaleiros e outros negocios empresariais que conten con establecemento físico e aberto ao público. Todos eles do Porriño.
No caso dos establecementos comerciais valoraranse as súas fachadas e escaparates, que terán que ter un deseño de Nadal. No caso das vivendas valorarase a decoración exterior, aceptando tanto os balcóns, fachadas, ventás e toda a que poida observarse desde a rúa. Por último, no caso de presentarse na categoría de comunidades de veciños renunciase a un posible premio individual e valorarse a decoración exterior. En todo caso a decoración deberá estar visible antes do día 11 de decembro.
No que respecta aos premios dirimiranse por media ponderada do voto do xurado (80%) e do voto popular que se realizará a través das redes sociai (20%). Na categoría de establecementos comerciais o primeiro premio será de 900 euros, o segundo 700 euros e o terceiro 450 euros. No caso de vivendas e comunidades veciños haberá dous premios en cada unha das categorías, un primeiro de 400 euros e un segundo de 250 euros.
A inscrición é totalmente gratuíta e poderá realizarse por rexistro ou mediante o envío da documentación solicitada ao seguinte correo electrónico: rexistro@oporrino.org . O prazo de inscrición xa está aberto e pode formalizarse ata o 9 de decembro.
BASES DISPOÑIBLES NA SEGUINTE LIGAZÓN: https://oporrino.org/documentos/bases-do-concurso-de-decoracion-e-iluminacion-de-nadal-2024/

Comparte este artigo