Na aula de competencias dixitais do Centro de Emprendemento e Dinamización Empresarial da Praza Maior nº 13 impartiranse o curso de ‘Dixitalización aplicada’, no que se tratarán coñecementos sobre tecnoloxía para comunicar en contornas dixitais, compartir recursos, crear e editar contidos ou protexer a información e datos persoais.
A concelleira de Emprendemento, Silvia Fdez. Táboas, detalla que está aberta a segunda quenda para este curso que se desenvolverá do 5 ao 12 de febreiro. Trinta horas de formación gratuíta en horario de 09:00 horas a 14:00 horas.
Os números de teléfono para inscricións son o 986 64 00 00 (extensión 5009) ou o 610 142 936.