Aberto o prazo para participar en “Orientaventura pola Igualdade” actividade en Chan dá Lagoa que pechará a programación “Baiona Lila 8M”, o domingo 24 de marzo ás 11:00h.

adminON
Lectura mínima de 2

O Concello de Baiona organiza, a través da Concellería de Igualdade, a actividade “Orientaventura pola Igualdade”; enmarcada na programación “Baiona Lila 8M” que se desenvolve no mes de marzo.

Todas aquelas persoas interesadas en participar deberán presentar no rexistro do Concello de Baiona (horario de 9:00 a 14:00h); no Centro de Información á Muller de Baiona (CIM) ou a través da sede electrónica da páxina web municipal a documentación dispoñible a final desta información.

A data límite de inscrición é o mércores 20 de marzo ás 14:00h.

O obxectivo da actividade é promover coñecementos e valores sobre igualdade e violencia de xénero e fomentar o coñecemento da contorna próxima: unha actividade que combina a aprendizaxe e traballo colaborativo xa que se necesita o traballo de todo o equipo para completar a proba con éxito.

A actividade está aberta ao público xeral e pensada principalmente para familias con nenos e nenas con distancias a percorrer que roldan os 5-7 km e un mapa topográfico de fácil interpretación.

Trátase dunha acción que se desenvolve en equipos e deberán ter un mínimo de dous integrantes e un máximo de seis, establecéndose dúas categorías:

– CATEGORÍA PEQUEN@S CASTORES: Equipos onde, polo menos, un das persoas integrantes sexa menor de 12 anos.

– CATEGORÍA EXPLORERS: Equipos onde tod@s @s integrantes do equipo sexan maiores de 12 anos.

En todos os equipos deberá participar unha persoa maior de idade. O número máximo de persoas participantes será de 150.

A proba ten unha duración de 2,5 horas, e cada equipo decide en todo momento que puntos visita e como se despraza (andando ou correndo). Ademais, non é obrigatorio a consecución de todas as balizas.

Para máis información poden contactar de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h. no teléfono 986 35 75 52 ou solicitar información na dirección electrónica: administrativo.cim@baiona.gal

Comparte este artigo