O Concello de Salvaterra de Miño informa que a partires de mañá, 18 de xuño, ábrese o prazo para presentar as solicitudes para os postos de comida e bebidas para as festas de O Son da Muralla, Imos de Guateque, Festa do Viño do Condado do Tea e Festa do Viño Espumoso. Todos os interesados poderán consultar a documentación necesaria na sede electrónica do Concello.
Os postos que saen a concurso son o bar, postos de embutidos, de venda de marisco, asado, churrasco, polvo, filloas, de xamón, taperías, postres, productos gourmet, pizzas, postres e posto libre.
O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días naturais, polo tanto rematará o vindeiro día 27 de xuño.

