Home Pontevedra Caldas Ábrese a licitación para contratar o proxecto que mellorará a mobilidade na...

Ábrese a licitación para contratar o proxecto que mellorará a mobilidade na Rúa Doutor Batallán

- Anuncio -

O alcalde, José Cela, explica que se encargou un proxecto para renovar e ampliar as beirarrúas, crear pasos de peóns elevados e instalar un redutor da velocidade. Investiranse 207.000 euros, cofinanciados entre fondos propios e unha subvención da Deputación de Pontevedra.

O alcalde, José Cela, informou esta mañá do arranque do proceso de licitación do proxecto de mellora da mobilidade na Rúa Doutor Batallán, que cambiará a estética e a seguridade urbana deste vial.

Unha vez remate o prazo para a presentación de ofertas por parte das empresas interesadas, procederase á adxudicación dos traballos, para iniciar as obras.
A actuación prantéxase para os dous marxes da rúa, desde o cruce co edificio do Concello ata chegar ao final do chan urbano, en dirección ao núcleo rural de O Covelo. O que prantexa o proxecto é renovar ambas beirarrúas e amplialas lixeiramente, ademais de crear unha plataforma única no tramo próximo ao cruce coa Rúa 1.

Ademais, colocaranse pasos de peóns elevados no pavimento para dar continuidade a ese ancheamento das beirarrúas e colocarase un badén redutor de velocidade para calmar o tráfico que une Moraña con Caldas.

“O que pretendemos con este proxecto é mellorar a mobilidade urbana do noso centro. Xa temos varias obras en marcha oi xa realizadas que suporán un cambio sustancial aquí en Santa Lucía, como a humanización da Rúa 7, a remodelación da Rúa 6, ou a mellora da Rúa 3, cunha inversión de 370.000 euros”, explicou o alcalde.
“O que facemos agora é continuar con esta batería de proxectos urbanísticos importantes para Moraña, dotando a Doutor Batallán de mellor mobilidade e accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas”, explica.

Nesta actuación, investiranse 207.014 euros (IVE incluído) por parte dunha subvención da Deputación de Pontevedra, unha cantidade que o Concello complementará cunha partida propia cercana de 40.000 euros.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas