Home Pontevedra O Condado Ábrese o prazo de inscrición para participar no Enterro da Lamprea 2023,...

Ábrese o prazo de inscrición para participar no Enterro da Lamprea 2023, que se celebrará o próximo 25 de febreiro

- Anuncio -
            O Concello de Salvaterra de Miño ven de anunciar que a partir do día 27 de xaneiro e ata o  8 de febreiro queda aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que queiran participar, con comparsa ou carroza, no ENTERRO DA LAMPREA 2023, que este ano celebrarase o próximo 25 de febreiro, a partires das 17.00h. Aínda que o Concello, por motivos de seguridade, de organización e espacio, resérvase o dereito de reducir ou ampliar o  prazo de inscrición.

            Neste desfile poderán inscribirse todas aquelas Comparsas e Carrozas, que cumpran os requisitos. Solo se poderá inscribir unha comparsa ou carroza por asociación ou persoa.

            Modalidades:

                           Categoría de Carroza:  Poderán participar nesta categoría                                                                          todas                 aquelas carrozas que  teñan como mínimo 25                                                                                   participantes e unhas                 dimensións mínimas de  5 m de largo.

                           Categoría de Comparsa: Poderán participar nesta categoría as

                           comparsas que teñan un mínimo de 20 membros.



            As comparsas ou carrozas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. Non se considerarán como comparsas ou carrozas con dereito a inscrición e participación aquelas que en anos anteriores repetiran, no sustancial, o seu disfrace.

            Os premios a participación oscilarán entre os 100 e os 600,00€, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.



            Dende o Concello queren recordar que todas aquelas persoas que queiran participar no enterro de forma persoal e non a través dunha carroza ou comparsa poden facelo dentro da propia comitiva da defunta lamprea, formando parte do grupo de Choronas que acompañan a lamprea, de loito riguroso.



            A saída do desfile, de Comparsas e Carrozas do Enterro da Lamprea do Entroido 2023 de Salvaterra, está prevista para as cinco da tarde, dende a Rúa Rosalía de Castro, discurrindo por Castelao, Rúa Galicia, dona Urraca e Praza do Concello.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas