Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Acción Social e Cultural CERCO aborda nunha charla-coloquio o futuro da música...

Acción Social e Cultural CERCO aborda nunha charla-coloquio o futuro da música e o baile tradicional

- Anuncio -

Venres 22 de outubro ás 20 h. no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo

Este Outubro, a Asociación CERCO, vencellada ao BNG e enfocada cara a Acción Social e
Cultural de Cerdedo_Cotobade”, recupera a súa actividade despois do periodo de paro forzoso ocasionado polas restricións derivadas da pandemia da COVID 19, e faino cunha palestra sobre a “realidade e futuro da música e o baile tradicional”, o vindeiro venres 22 de outubro ás 20 h. no auditorio do Centro Cultural de Cerdedo.

O presidente de Cerco, Victor Rivas, xunto aos demais membros da xunta directiva, Antón
Mouriz, Lucía García, Joam José Romero, Delmiro Durán e Ernesto Filgueira, presentou o evento no que participarán a ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS, representada por Alberto Pires Lage (Membro da directiva), PANDEREITEIRAS DO VAL DO LÉREZ DE QUIREZA, representada por Remigia Moa Bouzas (Secretaria), AFOUTES DO CANÓN DE PAU, representada por Nicolás López Jar (Presidente), BANDA DE GAITAS FOULA, representada por Miguel Fraguas (Integrante) e ABRENTES DE CERDEDO, representada por Manuel Campos (Representante).

Ademáis, cómpre sinalar que a pesares de estar convidados Os Trazantes de Tenorio, e os
gaiteiros e veciñ@s Sonsoles Martínez de Tenorio e Xandre Outeiro de Castro, non forman parte do encontro debido a ocupacións profesionais.

O obxectivo do encontro -sinalaron os organizadores- é “analizar e debater sobre a situación
actual do sector da música e o baile folclórico no noso concello trala situación extraordinaria da pandemia e albiscar solucións e propostas para o futuro do sector”.

Segundo apuntou Víctor Rivas: “O noso obxectivo é desenvolver eventos todos os meses no
marco do proxecto global de acción cultural e social que queremos levar a todas as parroquias do concello, abordando temas de actualidade e interese que afecten á vida da veciñanza así como actividades culturais, sociais e de lecer que poñan en valor a vida, as tradicións e as xentes das parroquias do noso concello”.

“Dende a directiva animamos ao conxunto da veciñanza e ao tecido asociativo a participar e
colaborar nos actos previstos a fin de diversificar a oferta cultural e de lecer programada para todos os segmentos de idade, dende as crianzas ate os máis maiores”, afirmou Rivas.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas