É importante priorizar o pago da última convocatoria de axudas para empresas e autónomos, que terían que estar pagadas antes do 31 de Decembro e estamos ás portas do mes de marzo, e seguen sen ser pagadas.
E ben sabido polos veciños que o noso Grupo Municipal ACiP, desde o primeiro momento que empezamos a sufrir as consecuencias do COVI-19 que tanto nos afecta económicamente, sanitariamente, como socialmente, presentamos no Concello propostas para crear bolsas de axudas ao noso sector económico e social, aprobándose no pleno co noso apoio en modificacións orzamentarias que dan lugar a esta última convocatoria, que tería que estar pagadas aos solicitantes antes do 31 de Decembro, lembra o noso Portavoz Juan Carlos González Carrera.
Nesta convocatoria cun orzamento de 230.794 euros, podían acceder todos os sectores produtivos e económicos do noso Concello, ademais a consecución dos seguintes obxectivos:
- Preservar o tecido empresarial.
- Protexer o interese xeral, apoiando os traballadores autónomos e as PEMES.
- Lograr a reactivación da economía na nosa localidade.
- Incentivar a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Presentáronse 141 solicitudes, das cales no mes de decembro só retívose no orzamento municipal 130.000 euros. Parécenos unha irresponsabilidade a propósito da necesidade dos 230.794 euros postos inicialmente na convocatoria.
O lamentable a data de hoxe, é que non está garantido o pago das solicitudes por falta de partida orzamentaria nos orzamentos, é a desculpa que están a dar desde o goberno municipal aos solicitantes. Preguntámonos onde gastaron esas partidas económicas dando as costas aos veciños, unha vez mais?.
Desde ACiP demandamos ao goberno sensibilidade, e que prioricen as necesidades de moitas empresas e autónomos que están a agonizar pola situación que están a pasar. Esa axuda é máis que unha necesidade e un respiro no día a día.
Descúlpanse co orzamento municipal e a falta de partida económica o mesmo que leva aprobado desde o mes de decembro, co cal podería estar todo resolvido a data de hoxe, e tamén cabe lembrar que cando o aprobaron publicitaran a existencia de millóns de euros para este tipo de axudas. Preguntámonos onde están?, ou seria outra publicidade enganosa mais?. Apelamos ao sentido común e responsabilidade.