Home O Salnés Meis Aclaracións do BNG en relación ao Centro de Saúde de Meis

Aclaracións do BNG en relación ao Centro de Saúde de Meis

- Anuncio -

O día 24/02/2022 o BNG por medio da nosa deputada Montse Prado presentou, ante a confusión xerada polas versións contraditorias do PP e o PSOE, unha batería de preguntas no parlamento galego en relación co centro de saúde de Meis, pedindo á Xunta que se lles faga chegar a resposta a todos os grupos políticos de Meis e non facer desta cuestión unha liorta política.

A día 18/04/2022 recibimos a resposta oficial onde constatamos incongruencias entre a resposta da Xunta e o manifestado pola equipa de goberno de Meis nos plenos e na prensa, entre outras destacamos as características da parcela que non corresponden coas esixidas pola Xunta, o cal xera un grave problema aos veciños e veciñas de Meis que querían propor o seu terreo, pero non puideron por non saber que características debían cumprir ao manifestar a alcaldía características diferentes ás pedidas pola Xunta.

Tamén destacamos que a resposta da Xunta demostra que a equipa de goberno non presentou todos os terreos que dixo nos plenos, polo menos que presentara por escrito que é a única forma que unha administración debe dirixirse a outra como tantas veces ten denunciado a BNG de Meis.

Ante estas contradicións, da que a única vítima é a veciñanza de Meis que ve atrasada a construción do centro de saúde, o BNG de Meis adianta que tomará todas as medidas necesarias para que o centro de saúde de Meis non sufra máis atrancos por intereses meramente partidistas.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas