Home O Salnés Cambados Acordo sobre os Orzamentos municipais de 2022

Acordo sobre os Orzamentos municipais de 2022

- Anuncio -

O Consello Local do BNG Cambados e o Goberno do Concello de Cambados veñen de acadar un acordo para aprobar os orzamentos municipais do ano 2022. Co apoio do BNG, o Goberno conta con maioría absoluta, co que se garante a súa aprobación.

O acordo inclúe obras de mellora e acondicionamento nas parroquias de Castrelo, Oubiña, Vilariño, e Corvillón; reabrir e volver a organizar actividades nos centros socioculturais das parroquias, fundamentais para favorecer a conciliación laboral dos pais e a sociabilización dos nenos; crear unha liña de axuda en comedores escolares para usuarios en situación de necesidade; e aumento das partidas de actividades e asociacións culturais e deportivas.

Estes non son os orzamentos que nós teríamos elaborado, contan con importantes disfuncións, e seguiremos sinalando as actuacións gubernamentais irregulares ou caciquís en detrimento do conxunto da veciñanza de Cambados.

As concesións acadadas polo BNG favorecen a descentralización das actividades socioculturais, actualmente acotadas a unhas poucas localizacións no centro da vila; e a dotación presupostaria suficiente para executar políticas de esquerdas e populares a prol das clases traballadoras do concello.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas