Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións para aportar o seu gran de area mediante diferentes accións.
Ao igual que en anos anteriores, estará colgada a bandeira LGTBIQ+ no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.
Dentro desas accións onte realizouse unha actividade na praza do Concello, onde se involucrou a parte do alumnado do instituto. Esta actividade constou de dúas partes, para comezar realizouse diversas dinámicas grupais sobre as consecuencias da falta de apoios para as persoas LGTBIQ+. A continuación realizouse un obradoiro no que cada alumno decorou unha camiseta coas cores da bandeira do Orgullo e representando o que significa para eles o respecto cara a diversidade, posteriormente as camisetas colgáronse nun tendal para visibilizar e chamar a atención da sociedade
Unha actividade onde alumnos e profesores puideron gozar dunha mañán diferente e chea de valores, tolerencia etc
Por último lembrámosvos que o luns ábrese o prazo para que todas as persoas que queiran poidan participar no noso concurso de slogans. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello, como imaxe central. Se queres participar so tes que enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 13 ao 20 de xuño. A frase estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes.
A frase non pode ter máis de 30 caracteres. Dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais escollerase a fase gañadora.
Xuntos loitase mellor.