Actividades na Biblioteca Municipal no verán

adminON
Lectura mínima de 1

Un ano máis, e dentro das actividades programadas para o Verán Cultural, o Concello de Arbo organiza actividades na Biblioteca Municipal, dentro do programa Leer Conta Moito subvencionado pola Xunta de Galicia.

Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.

A través deste programa, as bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrecen actividades variadas para achegarlle á cidadanía a lectura e a información dunha maneira lúdica e atraente.

Actividades Programadas

10 DE XULLO (MÉRCORES): Ás 11.30h, obradoiro “DA ÁRBORE AO LIBRO”, a partir dos 7 anos de idade.

24 DE XULLO (MÉRCORES): Ás 11:30h. títeres “ONDE VIVEN OS MONSTROS”, para público a partir de 7 anos.

7 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:00h., obradoiro “LABORATORIO DE PERSOAXES”, actividade comprendida no programa Leer Conta, para público infantil a partires de 6 anos.

21 DE AGOSTO (MÉRCORES): Ás 11:30h., teatro de papel “SÓ DE PERSOAS”, para público infantil a partires de 3 anos.

Deste xeito as bibliotecas reforzan o seu carácter de espazo aberto, ao tempo que alentan a aprendizaxe e a descuberta a través dos recursos que proporcionan.

Comparte este artigo