HomePontevedraPoioActividades para todos os públicos nos vindeiros días da man da concellería...

Actividades para todos os públicos nos vindeiros días da man da concellería de Cultura do concello de Poio

- Anuncio -spot_img

• Literatura, cinema, teatro e contacontos forman parte da programación cultural de outono que a concellaría de Cultura do Concello de Poio está a desenvolver desde o mes de outubro a principios de decembro.

• Todas as actividades de entrada libre ata completar o aforo.

A sede da Comunidade de Montes Rega dos Agros de Combarro acollerá este venres 21
de outubro, ás 20 horas, a presentación do libro ‘Tambo, la isla en el tiempo’. José Manuel
Pidre Novás fará un exhaustivo repaso á historia desta emblemática paraxe neste
coloquio que forma parte das actividades que, desde o Concello de Poio, se impulsan
para conmemorar o 50 aniversario do nomeamento de Combarro como Conxunto
Histórico Artístico.

Ao día seguinte, o sábado 22 de outubro ás 21 horas, proxectarase no Centro Cultural
Xaime Illa o filme ‘Malencolía’. A película, dirixida por Alfonso Zarauza, corresponde ao
Ciclo Mestre Mateo, impulsado pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de
Pontevedra, e ao que está adherido o Concello de Poio.

Na xornada do domingo chega o teatro da man dos Quinquilláns con ‘A señora de
Forcadela’, unha peza teatral inserida no programa da máxima institución provincial O
pasado por vir. A cita será tamén no Centro Cultural Xaime Illa, desta volta, ás 19 horas.
O luns 24 conmemórase o Día das Bibliotecas e, na Biblioteca Pública Municipal de
Campelo, organizan “Sopìcontos”, unha contada de tres divertidas historias cun fío común
moi sorprendente: a sopa. O contacontos comezará as 17.30 horas e, como o resto das
actividades, a entrada será de balde ata completar o aforo.

Publicacións Relacionadas