A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona inaugurou esta tarde a exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas”.
O acto de inauguración acudiron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, o Alcalde de Pornic, Jean Michel Brard, Marie-Paul Marié e Florence Gendrot, concelleiras francesas, xunto coa presidenta da asociación do irmandamento “Jumelage, Marie-Agnès Morice. así como as artistas protagonistas da mostra e outros representantes da asociación do irmandamento “Jumelage” .
Despois da benvida de cada un dos representantes institucionais a Concelleira Yasmina Moreira Costas, fixo entrega duns aga agasallos institucionáis encargados pola concellería de igualdade a artistas de Baiona, Irene Silva, quen deseñou e realizou unhas obras en exclusiva para facerlles entrega a delegación francesa de Pornic que fixo posible a exposición e o encontro cas artistas“Afinidades Diversas”. O agasallo de recordo deste bonito intercambio cultural é unha silueta de deusa Atenea Guerreira de cor lila así coma e un grabado postal da mesma deusa.
Este ano a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona aproveita o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales forman parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixirán obradoiros para o alumnado dos centros educativos de Baiona.



