Ao longo da semana, especialmente os días de máis tránsito de peóns na cidade coincidindo coa actividade comercial, establecéronse varios controis de vixilancia en puntos de maior concentración de persoas como supermercados, Praza Abastos, zonas de lecer e zonas comerciais, sen que se producisen incidencias.
Tamén se desaloxou a praza da Verdura (días 5 e 9 de xaneiro pola tarde), e a praza de Méndez Núñez, o día 5 de xaneiro pola tarde.
En toda a semana procedeuse á tramitación de 60 denuncias, coa seguinte casuística:
• Por desobediencia 5
• Por non utilizar máscara 18
• Incumprimento estado alarma 20
• Por peche perímetro 5
• Por non rexistrase por ser foráneo 1
• Beber na vía pública 3
• Por reunión non convivintes 6
• Locais de lecer abertos fora do horario permitido: 2 Dos locais abertos, un
é reincidente (Santo André de Xeve)
Ao respecto do desaloxo das prazas da Verdura e de Méndez Núñez, as denuncias tramitadas foron:
• Día 5: 8 denuncias por non levar mascarilla
• Día 9: 3 denuncias (1 por non levar mascarilla e 2 por beber en vía pública)
Das 60 denuncias tramitadas en toda a semana, na fin de semana se impuxeron 37.