O portavoz municipal do Partido popular Alberto Acuña tende de novo a man ao goberno municipal para que haxa un compromiso de concello polas redes de sumidoiros pendentes en vilaboa como os da Cardiña, Acuña , Bertola , Cundixe, Vilar , Carballeira , A Rua , Carballal e Paredes
A proposición é a aceptación dun investimento que roldaría máis de 500.000€ que posiblemente se financie con fondos propios na súa integridade con remante de Tesourería para os proxectos máis elevados, pero tamén para os proxectos máis económicos cos saldos restantes ou saldos doutras administracións
Acuña condiciona o apoio do PP nun pleno proximo a realizar un suplemento de crédito para acometer estas obras , a que o goberno se comprometa a realizar todos os alcatarillados este ano próximo, xa que temos orzamento e é necesario acometelos , non podemos deixar atrás a veciño e senbrar veciños de primeira e de segunda
“Entre en política para solucionar ou tratar de solucionar problemas dos meus veciños , despois dos servizos sociais ou a integridade dos viais , a rede de saneamento é o máis importante, por iso propoño un acordo estable ao Goberno municipal para que se acometan as redes de sumidoiros pendentes en 2023, apoiaremos que se realicen os de importe máis elevado con remanente de Tesourería e o resto con partidas que se vaian abrindo ao longo do ano
O líder popular resalta que nos orzamentos 2021 apoiaron ao goberno coa condición de realizar redes de sumidoiros pendentes e que non se realizou ningún ata lle data, pero confía que esta vez #ante esta proposta popular de acordo se se realicen
“ En Vilaboa temos unhas materia pendente con moitos veciños en canto aos rede de sumidoiros , Estamos #ante unha oportunidade histórica xa que para este ano o Concello conta co orzamento do 22 e 23 que a deputación achega no plan concellos de 1.000.000 € onde pode comprometer gasto e sobre todo ao estar en suspensión a regra de gasto pode utilizar o remanente de tesourería que rolda contorna aos 3.000.000 €
Non cumprir cos veciños é egoísmo político e pensar noutras cousas “



