HomeTabeirósCerdedo - CotobadeAdxudicada en 70.188,55 euros a construción do ximnasio anexo ao pavillón municipal...

Adxudicada en 70.188,55 euros a construción do ximnasio anexo ao pavillón municipal de Cerdedo

- Anuncio -spot_img

Cubela manifestou a súa satisfación por conseguir unha baixa do 12,2% sobre o orzamento de licitación e melloras do contratista por valor duns 7.000 euros que engaden valor á obra

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar en concurso público, por importe total de 70.188,55 euros, a construción dun ximnasio anexco ao pavillón municipal de deportes que permitirá amplia-la ofera de servizos municipais á veciñanza.
Esta obra saíu a concurso por importe total de 79.941,40 euros e que foi adxudicada por 70.188,55,64 euros, é dicir, que o Concello de CerdedoCotobade logra un aforro con respecto ao prezo de licitación dun 12,2 por cento e, ademais, a empresa adxudicataria do contrato, Construcciones Lemos Martínez, S.L. ofreceu melloras por importe de 6.939,09 que irán destinadas a construir unha beirarrúa perimetral, acometer o aillamento no chan e teito da nova edificación e o acondicionamento interior da mesma por importe de 2.227,89 euros.
A adxudicataria contempla un prazo de execución de catro meses e un prazo de garantía reforzado de cinco anos en total o que permite contar coa vantaxa de contar cun lustro para correxir calquera anomalía que pudera presentar esta construción anexa ao pavillón de deportes de Cerdedo.
Segundo explicou o alcalde Jorge Cubela, “a construción desta edificación anexa ao pavillón de Cerdedo permitiranos ampliar os servizos que estas instalacións deportivas veñen prestando á veciñanza xa que nos permitirá dotalo de elementos que favorezan a práctica deportiva moi demandados polos usuarios do pavillón polideportivo e que, deste xeito, verán agora cumpridas as súas peticións orientadas a contar en Cerdedo cunha infraestrutura que dea unha resposta axeitada á forte demanda detectada entre a poboación”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas